Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O deseño de Henar Alonso gañou entre as 8 propostas presentadas ó Concurso en Tomiño

Preocupada polo futuro do galego, Henar Alonso, gañadora do concurso de camisetas convocado polo Concello, participa coma voluntaria nas actividades da OMIX dende hai tempo

Preocupada polo futuro do galego, Henar Alonso, gañadora do concurso de camisetas convocado polo Concello, participa coma voluntaria nas actividades da OMIX dende hai tempo

Fecha: 16 de Mayo de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

Henar Alonso, natural de A Guarda, 37 anos, deseñadora gráfica freelance, foi a gañadora do concurso de camisetas que cada ano convoca a OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) de Tomiño con motivo da celebración do Día das Letras Galegas.

Con 18 anos marchou a Canarias, a súa segunda terra, onde permaneceu 13 años e estudou deseño gráfico en Lanzarote (Escola de Arte Pancho Lasso de Arrecife). Mentres, traballou en moitas cousas, e ao rematar os seus estudos decidiu volver a Galicia.

Este é o primeiro ano que presentou propostas ao concurso. E saíulle ben, "A idea principal que tiña en mente era facer unha camiseta que a xente quixera por todo o ano, non só o 17 de maio.


Vexo con preocupación como as novas xeracións se distancian do galego no uso cotiá.


Con este deseño, dende a miña modesta posición, tento fomentar o orgullo por falar a nosa lingua", explica Henar cando se lle pregunta polo seu deseño.

E continúa: "creo que igual ca min, a moita xente lle preocupa o futuro do galego; dende fai varios anos participo nas actividades do 17 de maio en Tomiño, que o meu deseño estea este ano nas camisetas faime moita ilusión".

A xove deseñadora agradece ao Concello que elixira a súa proposta, especialmente á OMIX e resto do xurado.


Dende a OMIX informan que este ano presentáronse a concurso 8 deseños; todos eles con "moito nivel", polo que a decisión foi realmente difícil. O xurado, formado polo concelleiros de Mocidade, Cultura e Deportes e voluntarios/as da OMIX, tivo en conta non so aspectos técnicos da proposta (unha soa cor sobre fondo branco) senón tamén o feito de que estivera relacionada co Día das Letras.


Mañá, día 17, repartiranse 700 camisetas co logo gañador do concurso, entre as persoas que participen nalgún dos obradoiros e actos programados (non estarán á venda).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones