Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Espazo Xove de Tui publica a súa programación de decembro

Obradoiros artísticos e científicos e unha actuación de maxia son as novidades para este mes

Obradoiros artísticos e científicos e unha actuación de maxia son as novidades para este mes

Etiquetas del contenido

Fecha: 15 de Diciembre de 2022

Fuente: Espazo Xove de Tui

O Espazo Xove de Tui vén de publicar a súa programación para o mes de decembro de 2022.

En primeiro lugar, organizarase a creación dunha compañía artística interdisciplinar, dirixida a toda a mocidade de entre 12 e 20 anos interesada en experimentar o proceso de creación en grupo dende diferentes disciplinas: teatro, baile, canto, música, pintura, cinema... Celebrarase os venres de 17.00 a 18.30 horas, impartida por Laura Villaverde, actriz e fundadora da compañía ArtesaCÍA.

Dentro do programa Outono Xove, impartirase un obradoiro de robótica e impresión 3D, que terá lugar os días 9, 14, 15 e 16 de decembro en horario de 17.00 a 19.00 horas. Está dirixido á mocidade de entre 12 e 18 anos, que se poderá inscribir tanto os catro días completos coma por días separados.

Outro obradoiro a celebrar será o de elaboración de pulseiras de coiro, o venres 23 de decembro de 18.30 a 20.30 horas. Está dirixido á mocidade de entre 12 e 30 anos. Na mesma data, impartirase un terceiro obradoiro, neste caso de maxia. Diríxese á mesma franxa de idade e celebrarse en horario de 17.00 a 18.30 horas, tamén o 23 de decembro, impartido por Javier Argüelles e Samuel Moreno.

Por último, tamén o venres 23 de decembro poderase desfrutar dunha actuación de maxia levada a cabo por Samuel Moreno e o profesor Wocky, a partir das 19.00 horas.

Todas as actividades son de balde e teñen prazas limitadas, que se cubrirán por orde de inscrición. A inscrición e a solicitude de máis información pódense realizar no correo electrónico espazoxovetui.xuventude@xunta.gal ou no teléfono 886 110 797.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí