Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O goberno local de Tui aposta por instalar as atraccións de San Telmo na Finca Patazumba

O ruído que xerarían nas inmediacións do novo centro de saúde xunto ao peche do aparcamento municipal durante 21 días son parte dos motivos

O ruído que xerarían nas inmediacións do novo centro de saúde xunto ao peche do aparcamento municipal durante 21 días son parte dos motivos

Fecha: 05 de Abril de 2017

Fuente: Concello de Tui

O goberno local de Tui fai unha aposta de futuro na ubicación das atraccións durante as festas de San Telmo trasladándoas a un novo emprazamento, que dista 200 metros do actual, o que permitirá unha mellor ordenación dos distintos postos, así coma poder contar co aparcamento da traseira da Área Panorámica durante uns días de gran afluencia á cidade coma son os festexos patronais. A decisión obedece tamén ao emprazamento que se viña empregando ata o de agora nas inmediacións do novo Centro de Saúde na rúa Casal Aboy, que presta o servizo de urxencias dende o PAC durante de 20h a 8 e as fins de semana, evitando así o ruído xerado polas atraccións aos posibles pacientes. Dende o goberno local tense en conta amais que os terreos situados na traseira da Área Panorámica non son só de propiedade municipal, senón que tamén pertencen en parte á Xunta de Galicia. E por outra parte é un desexo do goberno retirar as atracción do centro dunha zona con alta densidade de poboación, dando resposta a unha vella reivindicación dos veciños.

Dende o Concello de Tui ponse a dispor dos feirantes un novo emprazamento a poucos metros do que se viña empregando ata o de agora, na coñecida coma Finca Patazumba. O acordo chegado cos propietarios do inmoble de cesión gratuíta dos terreos permite ao concello dispor dos mesmo, ao tempo que acondicionalos para estean nas condicións axeitadas. Así estes días estase a nivelar o chan e ao tempo estase a instalar a conexión á rede eléctrica precisa.

Deste xeito o goberno municipal responde ao escrito feito público polos empresarios que acoden cada ano ás Festas de San Temo coas atraccións e outros postos. Con respecto a outra das críticas que fan os feirantes, sobre a celebración do concerto de Mago de Oz nas cercanías, explican dende o goberno que este espectáculo terá lugar na rúa Compostela e será durante tres horas, mentres que as atraccións permanecen en Tui durante 21 días.

Por último o goberno municipal insiste na súa decisión de retirar da traseira da Área Panorámica as atraccións das festas, non só neste ano senón tamén no futuro. Entenden que o ideal sería contar cun recinto de festas axeitado para ubicar este tipo de instalación, pero Tui carece desta infraestrutura e non a terá a medio prazo.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí