Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O GRUPO DE GAITAS-TREBOADA -AIRIÑOS NOVOS DE PINZÁS- EDITA O SEU PRIMEIRO TRABALLO DISCOGRÁFICO -O BURACO DOS MOUROS-

O disco, no que participan nenos e nenas cunha media de idade de 12 anos, foi gravado nos estudos tomiñeses -Colorado Springs-

Fecha: 07 de Diciembre de 2013

Fuente: www.concellotomino.com

O vindeiro 29 de decembro ás 18.00 horas, o Grupo de Gaitas Airiños Novos, da Asociación Veciñal e Cultural de Pinzás, presentará no Auditorio de Goián o seu primeiro traballo discográfico, titulado "O buraco dos mouros".

Trátase dun disco de música tradicional galega que se gravou en "Colorado Springs", un estudo de gravación musical e postprodución de audio situado en Tomiño. Son 14 temas, e contaron coa colaboración de destacados músicos da zona.

O Grupo de gaitas-treboada "Airiños Novos de Pinzás", naceu no seo da Asociación Veciñal e Cultural de Pinzás, coa finalidade de promover e fomentar na parroquia, actos culturais, sociais, de lecer, que mantiveran viva a relación entre os veciños e veciñas.

Na actualidade, o grupo de gaitas, está formado por 17 compoñentes con idades comprendidas entre os 7 e os 40 anos.

Explica Xuxo Antúnez, director do grupo, que este traballo "é un proxecto que naceu coa finalidade de facer concertos didácticos de música tradicional con nen@s, e para nen@s. A idade media d@s rapac@s que gravaron este disco é de 12 anos. Mil grazas a tod@s que colaboraron neste traballo, e sobre todo parabéns a estas nenas e nenos que transmiten o amor pola nosa cultura, facéndonos sentir orgullosos e ilusionados de que a manterán viva polo menos unha xeración máis".

Os comezos da agrupación musical remóntanse ao ano 2005, cando se iniciaron as clases de baile galego. De aquí saíu o grupo "Argallada" formado por 14 rapaces e rapazas. Dous anos despois, no 2007, comezou a escola de gaitas e percusión, da man de Xuxo Antúnez. Deste grupo de alumnos saíu o grupo de gaitas "Airiños Novos". Co tempo a este grupo achegáronse novos compoñentes que forman o grupo de bombos, conformando a actual "Treboada de Pinzás", que dende o ano 2010 está a cargo do músico Mario Bautista.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones