Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño asina un convenio coa Agrupación Musical de Goián para garantir o funcionamento da entidade

Este convenio permite á agrupación ter unha fonte de financiación directa que se traduce nunha maior estabilidade

Este convenio permite á agrupación ter unha fonte de financiación directa que se traduce nunha maior estabilidade

Etiquetas del contenido

Fecha: 21 de Junio de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño vén de asinar, por segundo ano consecutivo, coa Asociación Sociocultural de Goián, á que pertence a Agrupación Musical de Goián (AMG), un convenio polo que se compromete a participar no seu financiamento cunha subvención de 25.000 euros.

O acto de sinatura, celebrado no salón de plenos, contou coa presenza da alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e a presidenta da AMG, Pilar Ramos, asistindo tamén o vicepresidente, Alexandre Pérez, e o director da agrupación e das bandas de música, Pedro Villarroel. Todos agradeceron a axuda municipal que lles supón unha seguridade e estabilidade moi importante nos tempos que corren. Pilar Ramos aproveitou a ocasión para lembrar que están abertas as matrículas, tanto para o campamento de verán, como para a escola de música.

Este convenio resulta de vital importancia para a entidade, xa que lle permite ter unha fonte de financiación directa que se traduce nunha maior estabilidade. 

Para que isto fora posible, a asociación tivo que realizar unha serie de trámites e cumprir múltiples requisitos para lograr que a Xunta de Galicia recoñecera á Agrupación Musical de Goián como Escola de Música Oficial.

Ademais dos gastos derivados de impartir clases na Escola de Música, a subvención servirá tamén para financiar a realización de concertos de diversa índole, a participación en certames ou festivais; a realización de eventos culturais ou a organización do Campamento Musical de Verán (que a AMG vén impartindo dende hai uns anos con enorme éxito.

A concesión desta axuda, que terá carácter anual, foi aprobada no último Pleno Municipal celebrado no mes de maio e contou co apoio de todas as forzas políticas. Este amparo unánime pon de manifesto a importancia social e cultural que a AMG ten no municipio, un proxecto consolidado que naceu no ano 1998 para encher o concello de cultura realizando actividades de carácter educativo e cultural no ámbito da música.

"Trátase dun proxecto consolidado que naceu en 1998 e que enche de cultura o noso pobo, realizando actividades de carácter educativo e cultural no ámbito da música; un dos pilares é a labor que se leva a cabo na escola de música que ofrece clases para todas as franxas de idade, a nivel individual e colectivo e que integra distintas agrupacións, como a banda infantil, a xuvenil e a de persoas adultas", explica a alcaldesa Sandra González.

Entre os argumentos que inspiraron a concesión da subvención atópanse feitos probados como que varios alumnos e alumnas superan cada ano as probas de acceso aos conservatorios profesionais de música, ou a organización por parte da agrupación, de actividades como os campamentos musicais, os concertos didácticos escolares, os concertos de Nadal, do Socio, etc., prestando ademais moita atención á educación en valores, con charlas, fins de semana de convivencia, excursións, cursos e intercambios con outras agrupacións.

Máis de 20 anos de historia

A Agrupación Musical de Goián ten 24 anos de existencia, nos que conseguiu numerosas distincións. Desta entidade nace a Escola de Música de Tomiño, con máis de 140 alumnos/as na actualidade. O Concello sempre apoiou a actividade desta agrupación, procedendo por exemplo, á remodelación do auditorio de Goián en 2015 e 2021/22 para dotar á escola de aulas e espazos de ensaio, oficinas, mellora da cuberta do auditorio municipal, do escenario, equipamento de son e iluminacións das instalacións, etc.

 A AMG conta no seu haber con máis de 500 actuacións e 4.000 horas académicas. O alumnado xa non é unicamente de Goián, senón tamén de todo o municipio e zona de influencia. Agora afrontan o futuro con moita ilusión e agradecen o apoio incondicional do Concello. Na actualidade atópanse en época de exames e organización do campamento musical de verán, que terá lugar a segunda semana de agosto.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí