Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O grupo socialista denuncia que Luís López ten medo de convocar aos alcaldes e alcaldesas mentres que Carmela Silva reuniuse con eles/as aos 12 días de tomar posesión

Carlos Font advirte da primeira fenda no modelo de financiamento regrado aos concellos coa aprobación dunha subvención -a dedo- para o Concello de Arbo

Carlos Font advirte da primeira fenda no modelo de financiamento regrado aos concellos coa aprobación dunha subvención -a dedo- para o Concello de Arbo

Etiquetas del contenido

Fecha: 30 de Septiembre de 2023

Fuente: PSdeG PSOE

A punto de cumprirse os tres meses dende a toma de posesión de Luís López, o novo presidente da Deputación segue sen atreverse a convocar aos alcaldes e alcaldesas da provincia a unha xuntanza informativa para poñer en común o modelo de financiamento municipal do próximo ano. O PSdeG-PSOE recordou hoxe que no ano 2015, trala chegada de Carmela Silva á Presidencia da institución provincial, esta xuntanza produciuse só 12 días despois da súa toma de posesión.

“López 84 días agochándose dos alcaldes e alcaldesas da provincia porque ten medo ás protestas que, sen dúbida, tería que escoitar e por iso dedícase a gañar tempo”, afirmou o voceiro socialista, Carlos Font, quen encadra dentro desta estratexia dilatoria “o mailing presidencial coa carta filosófica enviada aos 61 alcaldes e alcaldesas sen dicir nada concreto e pedindo relacións institucionais fluídas”.

Considera sintomático que o actual presidente teña preferido anunciar xuntanzas individuais “sine die” cos alcaldes e alcaldesas “porque o que se fala coas Alcaldías do PP tampouco teñen por que sabelo as demais”. Ademais afeoulle a López que despois de case 3 meses no despacho tan só tivera tempo de reunirse co alcalde de Pontevedra, a pesar de despregar neste tempo unha axenda institucional tan baleira que só contén “entregas de medallas e asistencia a procesións”.

Carlos Font rememorou que Carmela Silva tomou posesión como anterior presidenta provincial o 17 de xullo de 2015. Tan só 10 días despois convocou aos alcaldes e alcaldesas e a xuntanza celebrouse o 29 de xullo, é  dicir, só 12 días despois da súa chegada. Naquela primeira xuntanza, á que sucederon moitas outras durante os dous mandatos nos que ostentou a Presidencia, anunciou o nacemento do Plan Concellos para equilibrar o financiamento a todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia, poñedo así fin ao modelo de libre disposición de Rafael Louzán. A reacción do Partido Popular foi organizar un “escrache” institucional un par de meses despois, “okupando” o Pazo Provincial e coa participación, destacou Carlos Font, do actual presidente, daquela alcalde de Rodeiro.

 

Un presidente apocado, acomplexado e agochado

 “Luis López non se atreve  a facer o que fixo Carmela Silva porque ela podía dicir que a Deputación ía acabar coa maraña opaca de Louzán para financiar aos concellos e López non pode explicar, con luz e taquígrafos, o que lle mandan facer”. Font insistiu en que na Deputación “non hai mando en praza, senón mando a distancia, con Rueda na cúspide e os dous vicepresidentes despois”. O voceiro socialista concluíu que Luís López é un presidente “apocado, acomplexado e agochado”.

Carlos Font afirmou que o Goberno provincial púxose moi nervioso dende que o pasado día 18 rexistrouse a moción pola que o grupo socialista insta ao Goberno provincial a manter o Plan Concellos e todo o modelo regrado de financiamento municipal, asunto que se debaterá mañá no Pleno ordinario “nun día importante para o municipalismo desta provincia”. Lamentou que, a día de hoxe, os concellos sigan sen saber con cantos fondos van contar da Deputación para o ano próximo, rompendo así o que sucedeu durante os últimos 8 anos.

Por outra banda, o voceiro do grupo provincial do PSdeG-PSOE revelou que xa se produciu “a primeira fenda” no modelo regrado de atención aos concellos, toda vez que o Pleno de mañá aprobará unha modificación de crédito exprés para repartir a dedo unha subvención nominativa de 28.283 euros para o Concello de Arbo. A xustificación é que o Concello precisa deses cartos para completar unha achega estatal polos danos producidos nunha rede de pluviais durante un incendio acaecido o 30 de xullo de 2022 e que a cantidade vaise detraer da achega que lle corresponda “no Plan de Obras e Servizos de 2024”, cuestión que non está regulamentada nin nas bases do actual Plan Concellos nin en ningún procedemento da Deputación.

O grupo socialista pregúntase se se tería atendido igual a un alcalde do PSOE, do BNG ou independente diante dunha situación similar e engade que todos os concellos teñen situacións extraordinarias que atender. Por todo elo, Carlos Font, instou ao presidente da Deputación a enviar outra carta aos alcaldes e alcaldesas da provincia para informarlles de que se abre esta vía extraordinaria para todos/as, “porque o contrario sería un agravio comparativo”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí