Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O grupo socialista esixe á Xunta a liberalización das peaxes das autoestradas autonómicas AG-55 A Coruña-Carballo e AG-57 Puxeiros-Val Miñor: -é un clamor social, é hora de acabar con esta inxustiza-

Patricia Otero censura o -espolio- ao que está sometida a veciñanza de Costa da Morte, Bergantiños e Val Miñor, principais -agravados fronte ao resto da cidadanía galega- cando as demais vías de altas prestacións da comunidade son de balde

Patricia Otero censura o -espolio- ao que está sometida a veciñanza de Costa da Morte, Bergantiños e Val Miñor, principais -agravados fronte ao resto da cidadanía galega- cando as demais vías de altas prestacións da comunidade son de balde

Etiquetas del contenido

Fecha: 28 de Abril de 2021

Fuente: PSdG-PSOE

A voceira de Infraestruturas do Grupo Socialista, Patricia Otero, vén de esixir á Xunta a liberalización das peaxes das autoestradas autonómicas AG-55 que une A Coruña e Carballo e da AG-57 que une Puxeiros e Val Miñor, xa que “é un clamor social, é hora de acabar con esta inxustiza”. Fíxoo, hoxe, no Pleno do Parlamento, a través dunha proposición non de lei que se votará mañá por parte dos grupos parlamentarios.

 

Así, Otero censurou o “espolio” ao que está sometida a veciñanza de Costa da Morte, Bergantiños e Val Miñor, “principais agravados fronte ao resto da cidadanía galega” cando as demais vías de altas prestacións da comunidade autónoma son gratuítas.

 

Neste senso, a responsable socialista lamentou que, malia nacer sendo un vial público e gratuíto, a AG-55 privatizouse no ano 1997 aproveitando a inauguración do segundo tramo entre A Laracha e Carballo, o que supuxo “un proceso de espolio a quen lle foran expropiados os seus terreos para a construción dunha autovía pública”.

 

“Dende o primeiro momento, o vial contou cunha gran oposición social, algo que continúa presente debido ao lastre económico que supón para as comarcas de A Coruña, Bergantiños e Costa da Morte, así como para o asentamento da poboación nas zonas rurais destas comarcas”, sinalou a socialista, ao lembrar que teñen un estas peaxes teñen un custo “excesivo” e cuxa concesión foi prorrogada polo PP ata 2045.

Continuando con esta liña recadadora, no ano 1999 e “cunha Xunta gobernada polo PP que apostaba pola construción de autoestradas de peaxe”, sinalou Otero, inauguraron a AG-57, entre Puxeiros e Val Miñor.

“Dende aquela, os concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar, moi afectados polas peaxes que ten a autoestrada, piden a súa eliminación para non lastrar a economía das súas empresas e conectar estes concellos coa cidade de Vigo e con infraestruturas e servizos como o Hospital Álvaro Cunqueiro, a Universidade de Vigo, o aeroporto de Peinador ou o Parque Tecnolóxico de Valadares”, destacou.

Nesta liña, a voceira socialista lembrou que a Consellería de Infraestruturas reduciu as tarifas das autovías galegas “para empresas de transporte e en horario noctuno”, o cal é “insuficiente” para a cidadanía afectada.

Por todo isto, a deputada instou á Xunta a presentar, no prazo de seis meses, os estudos precisos para proceder á “liberalización” destas dúas peaxes, así como establecer “de xeito inmediato” a rebaixa das peaxes para a totalidade das persoas usuarias”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí