Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O martes 15 de xuño presentación do libro -Breve historia de Tui- de Rafael Sanchez Bargiela

Esta acto terá lugar na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui (Edificio -Francisco Sánchez-, antiga Área Panorámica) ás 20,00 horas da tarde. A entrada é libre ata completar o aforo.

Esta acto terá lugar na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui (Edificio -Francisco Sánchez-, antiga Área Panorámica) ás 20,00 horas da tarde. A entrada é libre ata completar o aforo.

Etiquetas del contenido

Fecha: 11 de Junio de 2021

Fuente: Rafael Sánchez Barguiela

O historiador tudense Rafael Sánchez Bargiela presentará o vindeiro martes 15 de xuño o seu último libro, “Breve historia de Tui” recentemente editado. Esta acto terá lugar na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui (Edificio “Francisco Sánchez”, antiga Área Panorámica) ás 20,00 horas da tarde. A entrada é libre ata completar o aforo.
O autor estará acompañado na presentación por Cristóbal Ramírez, xornalista especialista en turismo e no Camiño de Santiago, José Ramón Fernández e Isilda Salvador, do Instituto de Estudios Tudenses e vinculados á Catedral de Tui e ao Núcleo Museolóxico de Valença, e polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.

A obra, editada por Ediciones Accidentales e impresa por Gráfica Juvia de Tui, realiza unha visión panorámica do devir histórico da cidade de Tui, procurando unha linguaxe accesible a todos os públicos, co obxectivo de difundir a inmensa riqueza histórica que atesoura esta cidade.
Existe unha ampla bibliografía, sinala o autor, que estuda aspectos diversos da historia, da arte, das tradicións, do patrimonio tudense, pero moi escasas obras que fagan un achegamento xeral á súa historia. Este libro pretende encher ese oco na ampla produción de estudos e investigacións sobre a nosa cidade.
RAFAEL SÁNCHEZ BARGIELA (1961). Licenciado en Xerografía e Historia pola Universidade de Santiago. Técnico de Arquivo, Biblioteca e Museo no Concello de Ponteareas (1988-2006) e no Concello de Tui dende 2006, agás o seu paso pola xerencia da S. A. de Xestión do Plan Xacobeo da Xunta de Galicia (2014-2019). Autor de diversos libros e artigos dedicados ao seu ámbito profesional, así como á historia de Ponteareas e Tui e arredor do Camiño de Santiago e a cultura xacobea. Creador e responsable do blog Tudensia, dedicado á historia da cidade de Tui. Membro fundador do Instituto de Estudios Tudenses.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí