Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O MÚSICO SAMUEL DIZ SUMA A SÚA PROXECCIÓN INTERNACIONAL UN DISCO PUBLICADO EN PORTO RICO E UN FESTIVAL EN FRANCIA

Tanto o disco coma o concerto parten dunha labor de investigación que ten por obxecto, unha vez máis, a recuperación da memoria sonora

Foto de José Luis Luque Puértolas

Fecha: 04 de Junio de 2014

Fuente: Samuel Diz

O músico tudense Samuel Diz foi convidado a participar na gravación do novo disco Descubre a Juan Francisco Acosta (1890-1964). Este disco, acompañado dun libro de partituras, nace do traballo de investigación que durante tres anos realizou o guitarrista portorriqueño Hermelindo Ruiz Mestre. A súa presentación terá lugar na illa caribeña o vindeiro 13 de xuño.

Unha primavera internacional que tamén convida a Samuel Diz a viaxar a Francia para participar no Festival de Música de Cámara "John Whibley", que se desenvolve até o 10 de xuño na poboación de Cucugnan. Samuel Diz aproveitará a ocasión para presentar un novo proxecto adicado ao compositor británico Reginald Smith-Brindle e a súa inspiración na obra literaria de Federico García Lorca, xunto ás participacións coa violinista Sarah Sexton e o tamén británico Callino Quartet.

 

 

SOBRE O DISCO "DESCUBRE A JUAN FRANCISCO ACOSTA"

http://www.youtube.com/watch?v=f6O3KB2sYWA

 

SOBRE O FESTIVAL DE MÚSICA DE CÁMARA "JOHN WHIBLEY"

http://www.whibley.co.uk/default.asp?P=Holiday&HID=58

 

 

 

Sobre Samuel Diz

Guitarra clásica

1986 - Tui, Galicia

 

O guitarrista tudense Samuel Diz (n.1986) gradúase no Conservatorio  Superior de Música Manuel Castillo de Sevilla baixo a dirección de Gaëlle Solal no ano 2009. Amplia a súa formación artística cos guitarristas Alen Garagic e Daekun Jang, xunto ao maxisterio de José Luis Rodrigo nos cursos de Música en Compostela, onde recibe o Premio Andrés Segovia - J.M. Ruiz Morales.

 

Ten actuado en diferentes países dos continentes europeo, americano e africano, destacando a súa presentación en The Council on Latin American and Iberian Studies-CLAIS da prestixiosa Yale University (EE.UU.), no Harare International Festival of the Arts-HIFA (Zimbabwe), ou o seu recente debut como solista no emblemático Palau da Música Catalana, recibindo o Premio da Crítica pola súa actuación, destacando o seu "estudo e coherencia do programa, demostrando unha alta seguridade escénica e un son moi diáfano coa guitarra".

 

Comprometido coa recuperación e dinamización do patrimonio musical galego, presenta en decembro de 2012 Guitarra Clásica Galega, un traballo discográfico que percorre o pasado, presente e futuro do instrumento na cultura galega, editado polo selo Ouvirmos, co apoio da Xunta de Galicia a través da súa Axencia das Industrias Culturais -AGADIC- e a Secretaría Xeral de Cultura.

 

Samuel Diz completa o seu curriculum académico con Diploma de posgrao en xestión de empresas musicais na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona, sendo na actualidade director artístico do festival Música no Claustro organizado pola S. I. Catedral de Tui, celebrando o seu 10º aniversario no presente ano 2014.

 

www.samueldiz.com

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones