Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O parque natural Monte Aloia ofrece case 20 km de rutas para coñecer o seu patrimonio natural e a súa beleza paisaxística

Existen catro rutas circulares, cuxo inicio e fin son o mesmo punto; e catro rutas lineais

Existen catro rutas circulares, cuxo inicio e fin son o mesmo punto; e catro rutas lineais

Fecha: 17 de Abril de 2017

Fuente: Xunta de Galicia

A Consellería de Medio Ambiente invita á sociedade a coñecer o Parque Natural Monte Aloia a través das oito rutas distintas, que permiten achegarse e gozar de primeira man do patrimonio natural, dos valores ambientais que fan destes espazos uns lugares únicos e da súa beleza paisaxística.

 

A Consellería de Medio Ambiente vén de editar uns folletos informativos con información específica e relativa a cada un dos seis parques naturais cos que conta Galicia. Esta é unha das medidas que recolle o Plan de promoción e posta en valor do Patrimonio Natural, posto en marcha polo actual Goberno; xunto co novo servizo de atención aos visitantes nos parques naturais de Galicia, cuxo obxectivo é a concienciación ambiental da sociedade e a divulgación e promoción do turismo de natureza sostible.

 

O Monte Aloia, que foi o primeiro parque natural de Galicia, está situado no límite sur da Serra do Galiñeiro. A atalaia do Monte Aloia presenta como un dos seus principais atractivos as vistas panorámicas dos vales dos ríos Miño e Louro. O punto máis elevado está no alto de San Xiao (664 m), o lugar máis visitado deste enclave. Foi o primeiro Parque Natural de Galicia, declarado o 18/01/1979, aínda que coas súas 746 hectáreas, é o máis pequeno dos seis que hai na comunidade.

 

Dispón dunha extensa rede de camiños, 6 miradoiros e multitude de merendeiros para gozar da natureza a carón da "raia húmida" coa veciña Portugal.

 

Así, no Monte Aloia os visitantes teñen a posibilidade de realizar un total de 8 rutas, a meirande parte de dificultade baixa ou media/baixa, das cales a metade son circulares, con inicio e fin no mesmo punto, e a outra metade lineais.

 

No seu conxunto, os roteiros suman case 20 quilómetros, entre as que destaca o camiño Muíños de Paredes- Muíños do Deique, cunha lonxitude de 6,5 quilómetros; tamén é a de maior percorrido de tempo, xa que se precisan tres horas e media para completar o itinerario. No polo oposto, sitúase a Senda das Udencias e a Senda Botánica, que con 600 metos e 400, respectivamente, son as rutas más cortas que se poden camiñar neste parque. A totalidade das rutas debe facerse a pé.

 

Dende a Consellería de Medio Ambiente sinálase unha serie de recomendacións, para gozar da beleza e da riqueza natural e patrimonial deste parque, como subir ao alto de San Xiao (ou miradoiro González Páramos, 664 m) para ver os vales dos ríos Miño e Louro. A ermida de San Xiao, onde antes había un castro, é centro de tradicións populares. Visitar os restos arqueolóxicos da Muralla Ciclópea e subir a algún dos miradoiros para avistar a riqueza natural deste enclave no que o 80% da súa superficie está cuberta por árbores; así como o Centro de Interpretación Enxeñeiro Rafael Areses, casa forestal singular en si mesma e lugar de información e exposición interpretativa do Parque Natural. Cerca hay un arboreto ilustrado (Senda Botánica). Tamén se pode avistar algunha das 11 especies de anfibios e réptiles coñecidas en Galicia.

 

Ruta 1, Cabana-Cabaciña

O inicio e fin deste roteriro é o aparcadoiro das Pozas da Cabana. O percorrido iníciase cun ascenso ao miradoiro natural de Cabaciña e desde alí, continúa por unha senda con variada vexetación que acompaña o nacemento do regato das Udencias ata as Pozas da Cabana, onde remata a ruta. Facendo esta ruta, tamén pasamos pola Senda das Udencias. Ten unha lonxitude de 2 quilómetros de distancia e de dificultade baixa/media.

 

A ruta más longa

O camiño Muíños de Paredes- Muíños do Deique, con 6,5 quilómetros de lonxitude, é a ruta máis longa do parque natural. O inicio é a Área recreativa da ermida de San Fins. Este itinerario discorre polos muíños do regato Deique, un afluente do Louro que nace no Monte Aloia. Aínda que de dificultade media, o desnivel é importante polo que hai que ter en conta a subida no camiño de volta.

 

Ruta circular Rego de Pedra

O inicio e fin deste roteiro é o aparcamento detrás do Centro de Interpretación. O Rego de Pedra que dá nome a esta ruta foi construído entre 1955 e 1958 coa finalidade de transportar auga aos campos de cultivo de Frinxo. Despois de pasar polo Alto de Perdurán, formación rochosa desde a que se contempla unha ampla panorámica, báixase ao inicio do mencionado rego para percorrelo na súa totalidade e, unha vez chegados á poza onde remata, volver ascendendo por outro lugar ata a Senda Botánica, lugar onde comeza e finaliza o itinerario, de dificultade media e cunha lonxitude de 2,4 quilómetros.

 

Dúas horas para percorrer o Castro Alto dos Cubos

A ruta, de grande interese arqueolóxico, lévanos ao Alto dos Cubos ou miradoiro Cabeza de Francos, que toma o seu nome do barrio situado aos pés. Este punto ofrece unhas boas vistas sobre o río Miño. De percorrido circular, desde este alto báixase ata a pista de Trapa. Logo da poza de Trapa, a ruta sobe ata Frinxo de novo, cruzando por unha zona de frondosas. Propóñense dúas horas para completar este percorrido de 4,5 quilómetros de distancia de dificultade baixa.

 

Dificultade baixa-media no Muíño do Tripes

O río Tripes é un afluente do Miño que nace no Monte Aloia e fai de división natural das parroquias tudenses de Pazos de Reis e Randufe. A ruta ascende polas marxes do río salpicadas de muíños e atravesando bosques de ribeira de variada vexetación. O tramo de descenso, xa polo monte, conduce ao punto de inicio, que é a Área Recreativa Circos (Pazos de Reis). Este camiño ten unha lonxitude de 2,5 quilómetros e a sificultade é baixa/media.

 

Seiscentos metros da Sendas das Udencias

Esta pequena senda descúbrenos as especies exóticas que se corresponden coa primeira repoboación do Parque, que data do 1910. As máis destacadas son o ciprés de Lawson (Chamaecyparis lawsoniana), exemplares grandes de abeto de Douglas (Pseudotsuga menziesii), sequoias e cedros. O itinerario está clasificado como de dificultade baixa e son neesarios 30 minutos completar o percorrido lineal.

 

30 minutos para percorrer a Senda Botánica

Esta ruta transcorre polo arboreto ilustrado do Parque Natural, identificando as especies de maior importancia na comarca do Baixo Miño e do Monte Aloia. O visitante poderá deterse para coñecer toda a información sobre a vexetación autóctona. O inicio desta ruta lineal é o Centro de Interpretación da Natureza Casa Forstal Enxeñeiro Areses e a de dificultade é baixa.

 

A Muralla, unha ruta circular

Este camiñoa cirular comeza e acaba no Alto de San Xiao. A ruta percorre toda a zona alta do Monte Aloia e discorre ao carón da Muralla Ciclópea. Destacan as vistas panorámicas que ofrece o camiño e unha vexetación completa, tanto autóctona como exótica. Aquí está situado o miradoiro coñecido como Celta. A duración para completar o percorrido é de 2 horas, cunha dificultade media nos seus 2,5 quilómetros.

 

Esta información pódese ampliar na páxina web: http://parquesnaturais.xunta.gal/gl
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones