Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O patrimonio e a gastronomía centran esta fin de semana as actividades das Xornadas Europeas da Cultura Xudía

Paco Diéz ofrecerá un concerto este domingo ás 19.30 h na Igrexa de San Domingos

Paco Diéz ofrecerá un concerto este domingo ás 19.30 h na Igrexa de San Domingos

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Septiembre de 2021

Fuente: Concello de Tui

A Eurocidade Tui – Valença continua a desenvolver o programa das Xornadas Europeas da Cultura Xudía que ao longo do mes de setembro ofrece un amplo abano de actividades para a difusión e promoción do patrimonio vinculado á presenza de comunidades xudías e criptoxudías en ambas localidades.

A cidade de Tui forma parte, dende o ano 2019, da Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad, integradas por 21 cidades españolas que traballan conxuntamente na promoción do seu patrimonio cultural. A presenza de Tui nesta rede cooperativa posiciona á nosa cidade no ámbito cultural e turístico.

A celebración anual en toda Europa, no mes de setembro, destas Xornadas é unha oportunidade para a difusión deste legado patrimonial, neste ano o lema elixido para estas Xornadas é “Diálogo” e propón difundir e promover narrativas positivas que resalten a contribución do xudeus europeos a unha Europa máis plural e integradora.

Sobre esta temática se desenvolve o programa preparado polas cidades de Tui e Valença, nunha colaboración iniciada no pasado ano e que abre unha nova vía de colaboración entre ambos municipios e promove un achegamento á colaboración iniciada coa Rede de Judarías de Portugal.

En concreto o programa para esta fin de semana abrangue as seguintes propostas

Sábado 18 de setembro

Diálogos co patrimonio xudeu: "Prateiros de tradición xudía na Catedral de Tui" (Visita guiada con inscrición previa)

Esta visita estará a cargo do historiador tudense José Ramón Fernández Fernández, especialista en Historia da Arte e un dos principais coñecedores da historia e do patrimonio da Catedral tudense.

  • Inicio na Oficina de Turismo de Tui - Praza de San Fernando, 12 h.
  • Inscrición previa en turismo@tui.gal

Diálogos coa colección de Sambenitos do Museo Diocesano (Visita guiada con inscrición previa)

Esta visita será realizada por Suso Vila, doutor en Historia e especialista na historia e patrimonio das comunidades xudías e criptoxudías tudenses.

  • Inicio no Museo Diocesano – 19,00 h.
  • Inscrición previa en turismo@tui.gal

Domingo 19 de setembro

Diálogos coa música: Concerto "Secretos de Sefarad" con Paco Díez

  • Igrexa de San Domingos de Tui -19.30 horas
  • Entrada libre ata completar aforo.

Paco Díez é un artista de acreditada traxectoria na investigación da música tradicional e popular española, especialmente das tradicións sefardís. É un concerto en solitario de música sefardí con voz, zanfona, guitarra, mandola e derbouka. Unha excepcional oportunidade de achegarse a unha das máis emblemáticas expresións culturais dos xudeus de Sefarad.

 

Nacido en Piñel de Abajo - Valladolid, de familia de labradores casteláns, Paco Díez é cantante e músico autodidacta, comeza a súa andaina en 1978. Orienta a maior parte da súa traxectoria á divulgación da Cultura Musical Ibérica, acompañado de guitarra, zanfona, salterio, rabel, etc, e conta cunha sólida bagaxe etnográfica apoiado por un rigoroso traballo de recompilación do saber tradicional por diversas zonas da Península. Realizou concertos por todo o mundo, tanto en solitario como coa Bazanca, Tradibérica, Tres Culturas Tres, Esencias de Sefarad, etc, converténdose en recoñecido embaixador da lingua e cultura de España. Apaixonado dos instrumentos tradicionais, conta coa única Aula-Museo que alberga máis de 450 pezas de España, Portugal, Occitanía (terzo sur de Francia) e Magreb, así como unha importante colección de gaitas do mundo. É un dos maiores expoñentes a nivel nacional e internacional no Romancero Ibérico e na Música Sefardí.

 

Tamén estes días continúan a celebración das Xornadas Gastronómicas Sefardís: Bacallau na que participan 21 restaurantes tudense cunha ampla oferta de pratos arredor deste peixe:

  • Alboio: bacallau en empanada,
  • Ideas peregrinas: tosta con bacallau,
  • Parador de Tui: bacallau con broa
  • Jaqueyvi: á brasa,
  • Tapas e viños: ensalada con bacallau,
  • La de José Luís: á brasa,
  • El Molino: á portuguesa e tamén empanada,
  • Puro sabor: ó forno e empanada
  • Novo Cabalo Furado: á prancha, á galega, ó forno, boliños e empanada,
  • Vello Cabalo Furado: á portuguesa, empanada e boliños,
  • Santiamén: asado con cebola,
  • Pote: ensalada de bacallau e á galega,
  • Happy Restaurant: lascas de bacallau, empanada,
  • Monte Aloia: empanada de bacallau e bacallau á brasa e ao forno,
  • Cruceiro do Monte: á portuguesa.
  • Asador Paulo: bacallau á brasa e bacallau á xuliña
  • Pirsin: empanadillas e empanadas de bacallau
  • Vionkas Bake: empanadilla de bacallau
  • La de Manu: bacallau
  • Epoca: bacallau á prancha e ao estilo época

 

E, por último, lembrar que ao longo de todo o mes de setembro pódese participar nunha actividade participativa e gratuíta, “Busca la llave del Diálogo / Busca a chave do diálogo”.

Mediante un xogo, os visitantes terán que desprazarse consecutivamente a tres puntos da xudaría de cada cidade, neste caso a de Tui, no marco dunha iniciativa con motivo con motivo da celebración dunha nova edición da Xornada Europea da Cultura Xudía.

En concreto, o xogo nos convida a desprazarnos consecutivamente por tres puntos da xudaría de nosa cidade: Sinagoga – Porta da Pía (1), Convento das Clarisas (2) e rúa Entrefornos (3). Pódese acceder a eles pola localización do móbil ou polos carteis localizados en cada punto. En cada punto unha actividade nos acercará á temática da xornada Europea da Cultura Xudía 2021: Diálogos. Visualizar un vídeo, escribir un párrafo dunha historia en cadea ou decidir que tipo de diálogo abriría nos dará a posibilidade de conseguir a famosa chave de Sefarad. Ao concluír as tres probas debes pasarte pola Oficina Municipal de Turismo (4) (Praza de San Fernando) a recoller a túa chave.

Para o concelleiro de Patrimonio, Turismo e Camiño de Santiago, Laureano Alonso Álvarez, a celebración destas xornadas é una excelente oportunidade para achegarse ata Tui e Valença e coñecer os seus recursos patrimoniais e gastronómicos, ao tempo que para os tudenses é unha ocasión para afondar no coñecemento da nosa historia e patrimonio.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones