Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O pleno provincial dá luz verde a REACPON: o maior plan de inversión pública da historia da Deputación

A presidenta Carmela Silva convoca para o luns aos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes para dar a coñecer o plan ás alcaldesas e alcaldes da provincia

A presidenta Carmela Silva convoca para o luns aos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes para dar a coñecer o plan ás alcaldesas e alcaldes da provincia

Etiquetas del contenido

Fecha: 29 de Mayo de 2021

Fuente: Deputación de Pontevedra

O Pleno da Deputación de Pontevedra vén de dar luz verde a ReacPon, Reacción Pontevedra Provincia, dotado cun orzamento de 47,2 millóns de euros, que vén de converterse, tal e como o cualificou o portavoz  Carlos Font, “no maior plan de inversión pública da historia da institución”. ReacPon, que será presentado o vindeiro luns aos 59 concellos da provincia nunha reunión á que teñen sido convocadas/os todas as súas alcaldesas e alcaldes, está dirixido a impulsar a economía da provincia xerando actividade e creando ou mantendo o emprego para paliar as consecuencias da covid-19. Coa aprobación no pleno, esta potente inxección de recursos súmase xa aos 168 millóns do orzamento provincial para este ano.

O plan, que contou cos votos a favor do grupo socialista e nacionalista e a abstención do grupo popular, é “unha resposta contundente a este período escuro e unha aposta inequívoca polo investimento público como ferramenta para estimular a actividade económica” asegurou o portavoz Carlos Font. Estará aliñado coas dez políticas panca do Plan de Transformación do Goberno do Estado, cos cinco obxectivos de cohesión europea 2021/2027 e coa Axenda 2030 e contará con dous programas: o ReacPon Deputación para a mellora das dotacións provinciais e equipamentos provinciais, dotado con 27,2 millóns de €; e o ReacPon Concellos, dirixidos aos concellos e dotado con 20 millóns de €.

O vicepresidente César Mosquera sinalou que “cando presentamos os orzamentos xa advertimos de que pasariamos de 200 millóns de euros, que era unha cifra nunca vista nesta Deputación”. Asegurou que o Plan é a consecuencia dunha política planificada, que consiste en “facer peto” cando a economía vai ben e estimulala nos períodos complicados a través de obras e actuacións. Tamén destacou que o ReacPon nace con vocación de inmediatez para acelerar a reacción económica na provincia: “queremos facer unha intervención de choque e por iso se enfatiza a madurez dos proxectos nas bases, un concepto (o da madurez) xa introducido nos anos 90 pola Unión Europea”. Ademais recomendoulle ao PP que inste aos seus alcaldes e alcaldesas a elaborar “unha biblioteca de proxectos, porque cando hai ideas claras os proxectos acaban executándose”.

Carlos Font subliñou que a través de ReacPon Deputación, vanse transformar os servizos e dotacións da institución para a súa modernización, así como para apostar pola sustentabilidade, dixitalización e restauración ambiental. Tamén dotarase de maior investimento ás estradas provinciais e aos concellos, ao Museo de Pontevedra, á restauración medioambiental da xunqueira de Alba, a impulsar o Plan Revitaliza, á mellora enerxética e dixitalización das edificacións provinciais, a promover o emprego, á cohesión social e a cooperación transfronteiriza, á dinamización cultural e deportiva, á implantación do teletraballo e a novos equipamentos en Príncipe Felipe, entre outras cuestións.

No caso do programa centrado nos concellos, ReacPon Concellos, cuxas bases con criterios obxectivos, transparentes, equitativos, respectando a autonomía local e por concorrencia competitiva tamén foron aprobadas polo equipo de goberno coa abstención do grupo popular, suporá poñer a circular 20 millóns de euros nos concellos de menos de 50.000 habitantes para actuacións de rehabilitación de edificios e instalacións municipais, de nova construción e de mellora de espazos públicos.

“Trátase dun plan en igualdade para todos os concellos”, destacou Font, con bases totalmente medibles, “para poder valorar os proxectos que opten a financiamento de forma transparente e equitativa”, garantindo dereitos e servizos, loitando contra o despoboamento, fomentando a igualdade no ámbito rural e urbano, impulsando a sustentabilidade, promovendo a dixitalización na prestación de servizos, así como a accesibilidade e espazos e infraestruturas no medio rural. Así, entre os criterios a valorar, teranse en conta cuestións como a madurez do proxecto, a contribución a unha economía descarbonizada, a calidade do proxecto e a contribución das actuacións á consecución dos obxectivos fixados na Axenda 2030. Cada concello poderá financiar unha actuación ben sexa de rehabilitación, nova construción ou espazo público ata un máximo do 90% do Plan Concellos que lle corresponde, e non poderá ter un orzamento inferior a un terzo do mesmo. Amais daráselle prioridade ás rehabilitacións e mellora de espazos públicos con criterios de sustentabilidade e os concellos con menos poboación aportarán menos recursos.

Amais do plan e das bases, no Pleno tamén se aprobou a financiación do Plan. Deste xeito deuse visto bo a unha operación de crédito a longo prazo e unha modificación dos orzamentos a través de suplementos de crédito. En canto á primeira opción, tal e como manifestou o deputado, “trátase dun endebedamento totalmente asumible porque temos débeda cero, solvencia financeira e sobre todo unha obriga coas veciñas e veciños da provincia: poñer recursos á súa disposición para impulsar o desenvolvemento”.  No caso dos suplementos de créditos destinaranse a financiar partidas dirixidas a concellos nun 30% deste importe.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí