Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP de Pontevedra mobilízase para reelixir a Feijóo como presidente nacional

O presidente provincial do PP de Pontevedra eloxia a alta participación das agrupacións locais, especialmente no Baixo Miño, de cara ao 21º Congreso Nacional do partido.

O presidente provincial do PP de Pontevedra eloxia a alta participación das agrupacións locais, especialmente no Baixo Miño, de cara ao 21º Congreso Nacional do partido.

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Junio de 2025

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

O presidente provincial do Partido Popular de Pontevedra, Luis López, destacou este martes a mobilización interna e o compromiso dos militantes da provincia no proceso de votación para o 21º Congreso Nacional do PP, cunha mensaxe clara: "Reelixiremos a Alberto Núñez Feijóo porque é a persoa máis preparada para rexenerar España tras o ‘sanchismo’ que está a triturar o país”.

Tras exercer o seu dereito a voto na mesa comarcal de Lalín, como militante do concello de Rodeiro, Luis López fixo fincapé na alta participación rexistrada nas 61 agrupacións locais, entre as que salientou a implicación das cinco agrupacións do Baixo Miño, que votaron na sede de Tomiño.

Na xornada estiveron presentes destacados cargos populares da comarca como os alcaldes da Guarda e Oia, Roberto Carrero e Cristina Correa; os voceiros municipais de Tui, Tomiño e O Rosal, Nico Montes, Mónica Otero e Carlos Rodríguez; así como a presidenta do PP de Tomiño e directora xeral de Xuventude, Lara Meneses.

Luis López sinalou que o PP “está preparado para cando Pedro Sánchez deixe de fuxir a ningures e convoque eleccións”, asegurando que o partido afronta este proceso “con estabilidade, solvencia e limpeza”, fronte a un PSOE en descomposición.

Tamén avanzou que a comarca do Baixo Miño contará con tres compromisarios dos 95 que representarán a Pontevedra no congreso que se celebrará en Madrid do 4 ao 6 de xullo. Asemade, criticou o “silencio clamoroso” dos cargos do PSOE na zona sur da provincia “fronte a unha situación de absoluto desgoberno e presunta corrupción de moita gravidade”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí