Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O PP destaca as axudas a asociacións veciñais e comunidades de auga aprobadas pola Xunta

Cubela recorda que eran axudas que outorgaba a Deputación de Pontevedra ata 2015, cando o Goberno PSOE-BNG decidiu eliminalas.

Cubela recorda que eran axudas que outorgaba a Deputación de Pontevedra ata 2015, cando o Goberno PSOE-BNG decidiu eliminalas.

Etiquetas del contenido

Fecha: 28 de Enero de 2021

Fuente: PP Pontevedra

O Partido Popular destaca a importancia do Plan Específico de Acción Comunitaria aprobado polo Goberno galego, e que está destinado a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais. O voceiro do grupo provincial do PP, Jorge Cubela, destaca que “o Goberno galego segue apoiando ao rural da provincia, cunhas axudas que ata 2015 repartía a Deputación de Pontevedra e que foron eliminadas cando PSOE e BNG asumiron o goberno provincial”.

Naquel momento, recorda, as axudas da institución provincial repartían 1 millón de euros entre preto de 300 colectivos de toda a provincia, que atopaban nese apoio a oportunidade de desenvolver outras tantas iniciativas, tan importantes e necesarias como a mellora de traídas de augas, de camiños ou mesmo o arranxo e equipamento das propias casas veciñais. “Pero a pesar da importancia destes investimentos para o rural, o Goberno provincial decidiu eliminalo abandonando completamente as necesidades de asociacións veciñais, comunidades de augas, etc”, sinala. Por iso, o popular aplaude “que a Xunta siga comprendendo a importancia deste plan para apoiar ao rural da provincial e garanta cunha nova convocatoria axudas para que os veciños poidan levar a cabo os seus proxectos”.

Para Cubela, este plan de axudas é unha evidencia máis do abandono da Deputación de Pontevedra ao rural da provincia, xa que este plan supón unha ferramenta fundamental para reforzar os pequenos investimentos en zonas do rural e, deste xeito, igualar as oportunidades entre o rural e o urbano. “Que ten esta Deputación para axudar a estes colectivos e entidades que fan un traballo fundamental no rural? Nada”, engade, e aclara que o Plan Concellos non vale para incluír estas axudas, “como falsamente repiten desde o Goberno provincial para xustificar a súa eliminación, xa que son entidades privadas”. E pon como exemplos locais sociais que son de asociacións veciñais ou as numerosas traídas de augas que son de comunidades de usuarios.

Por iso, critica que leven gastados máis de 64 millóns de euros nas dúas cidades da provincia, e teñan ao rural abandonado, cando a razón de ser das deputacións é apoiar aos pequenos e medianos concellos e garantir o equilibrio da provincia.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí