Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O PP DO BAIXO MIÑO-LOURIÑA RECLAMA Á DEPUTACIÓN INFORMACIÓN E MELLORAS NOS VIAIS PROVINCIAIS

A voceira Nidia Arévalo reuniuse onte en Tui cos representantes do partido na propia localidade tudense, Mondariz, Salceda, A Guarda, O Rosal e Oia

A voceira Nidia Arévalo reuniuse onte en Tui cos representantes do partido na propia localidade tudense, Mondariz, Salceda, A Guarda, O Rosal e Oia

Fecha: 14 de Noviembre de 2015

Fuente: PP Pontevedra

A voceira do grupo provincial do Partido Popular e alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, reuniuse onte en Tui cos voceiros e alcaldes do PP da comarca do Baixo Miño-Louriña, entre os que se atopaban o voceiro e exalcalde popular de Mondariz -agora deputado provincial da comarca do Condado-Paradanta-, Julio Alén Montes; o exalcalde de Tui, Antonio Feliciano Fernández Rocha; o voceiro do PP de Salceda de Caselas, Santiago Rodríguez Davila; a voceira de A Guarda, Conchi Ortega Martínez; o alcalde de O Rosal, Jesús Mª Fernández Portela; a dende onte pola mañá alcaldesa popular de Oia, Cristina Correa, e o voceiro do PP de Mos, Camilo Augusto Martínez.

Este tipo de xuntanzas lévaas xa mantendo Arévalo en varias ocasións previas dende que comezou o goberno provincial bipartito PSOE-BNG. Trátase dun formato xa levado a cabo, entre outras, nas comarcas do Salnés, Deza, Morrazo, etc.; e que persegue o obxectivo de abordar a situación actual da Deputación de Pontevedra e ofrecer ós alcaldes e voceiros populares a intermediación dos deputados provinciais perante o actual goberno da Deputación.

Os populares concidiron en salientar, ó igual que se ven repetindo nas comarcas nas que previamente se celebrou esta mesma reunión, que a falta de información á que o Goberno de Carmela Silva ten sometidos aos concellos está a xerar unha gran preocupación nas administracións locais, ás que ademais mantén coas mans atadas, posto que o novo goberno da Deputación provincial xa cambiou varias veces as fórmulas de reparto no que leva de mandato. A este respecto Arévalo informou de que "a última novidade sobre este tema é unha carta da presidenta Silva recibida recentemente nos concellos da provincia na que anuncia esta vez que os fondos repartiranse o 40% de forma lineal e o 60% restante segundo a poboación de cada localidade, porcentaxes estes que non se sabe sobre que contía total se van establecer, polo que dicirnos iso é como non dicirnos nada", lamentou a voceira popular trasladando o sentir común de tódolos alcaldes e voceiros populares da comarca do Baixo Miño-Louriña.

Súmase á enorme incentidume xerada polo feito de que a estas alturas do ano o bipartito aínda non elaborase un borrador do orzamento e que os Concellos non saiban con que contía da Deputación van contar para o ano que vén, a falta de información para coas asociacións culturais, sociais e veciñais e os clubes deportivos; que acoden ós representantes do PP para preguntarlles como se van a financiar a partir de agora.

REIVINDICACIÓNS

Ademais do xa exposto, da reunión de onte extraxéronse tamén reivindicacións concretas de cada un dos Concellos da comarca do Baixo Miño-Louriña á Deputación de Pontevedra.

En primeiro lugar dende o Concello do Rosal o seu alcalde, Jesús Fernández, esixe saber que cantidade se destinará a partir de agora ós Concellos en materia de Servizos Sociais que entre Servizos Sociais Comunitarios, Emerxencias Sociais e Teleasistencia sumaban no goberno de Louzán preto de 500.000 euros repartidos entre os municipios de A Guarda, Mondariz, Mondariz Balneario, Mos, Oia, O Porriño, O Rosal, Salceda de Caselas, Tomiño e Tui. "En O Rosal recibiamos 42.500 euros para Servizos Sociais, unha contía moi importante para un Concello coma o noso, e estamos preocupados por se desparece, xa que Silva declarou que a Deputación non destinaría a partir de agora fondos para ningún asunto que non sexa competencia directa da administración provincial, tal sería o caso dos asuntos sociais", explicaron.

Dende o Concello de Tui o exalcalde, Antonio Fernández Rocha, denuncia que a administración local ten que asumir a limpeza viaria das tres estradas provinciais que transcorren polo municipio, e reclama que sexa a Deputación quen asuma esta competencia que, por outra parte, lle corresponde.

O voceiro popular de Salceda de Caselas, Santiago Rodríguez, pide a execución dun proxecto de mellora da Estrada Provincial San Xurxo-Picoña que incluiría obras de humanización e acometida de beirarrúas e sobre o que xa está traballando na redacción dunha moción para presentar ó vindeiro Pleno da Deputación de Pontevedra.

En A Guarda, Conchi Ortega, manifesta a súa preocupación sobre que vai pasar coas excavacións no Monte Santa Tegra, iniciadas co anterior goberno provincial e agora paralizadas, e que corresponden ó convenio de colaboración asinado o ano pasado entre a Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Fomento para a posta en valor dos principais xacementos arqueolóxicos da provincia.

Finalmente, os representantes do PP nos diferentes municipios da comarca acordaron, ó remate da xuntanza de onte, manter reunións periódicas coma esta, rotando o lugar de celebración entre os diferentes concellos integrantes. A vindeira celebrarase en xaneiro de 2016 en Oia.

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí