Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O PP pide a Carmela Silva que anuncie axudas da Deputación para paliar danos ocasionados polo temporal

Cubela lamenta que, en cada situación de emerxencia, a resposta do Goberno provincial do PSOE e BNG -é sempre a mesma: poñerse de costas-

Cubela lamenta que, en cada situación de emerxencia, a resposta do Goberno provincial do PSOE e BNG -é sempre a mesma: poñerse de costas-

Etiquetas del contenido

Fecha: 17 de Enero de 2023

Fuente: PP de Pontevedra

O grupo provincial do Partido Popular pide á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, que non esquive a súa responsabilidade e anuncie axudas da institución provincial para paliar danos ocasionados polo temporal nos concellos da provincia, principalmente no Baixo Miño. Por iso, no pleno deste mes proporán ao Goberno provincial que acepten a proposta da Xunta para asinar un convenio conxunto tamén co Goberno central no que as tres administracións se comprometan a aportar os mesmos recursos para dar unha resposta conxunta nunha situación extraordinaria.

O voceiro Jorge Cubela lamenta que “en cada situación de emerxencia a resposta do Goberno provincial do PSOE e BNG é sempre a mesma: poñerse de costas. Fixérono na pandemia, na crise económica e en calquera outra circunstancia excepcional na que a Deputación de Pontevedra debería demostrar a súa utilidade”. Nesta liña, recorda que é competencia das deputacións provinciais prestar apoio económico aos pequenos e medianos concellos. “Pero o papel de Carmela Silva nesta institución é confrontrar permanentemente coa Xunta de Galicia, e o de César Mosquera, nin siquera el o sabe, xa que é vicepresidente dunha institución para a que reclama a súa desaparición”.

Con este panorama, di Cubela, “perdemos os de sempre, os pequenos e medianos concellos da provincia, que non teñen apoio nin na Deputación nin no Goberno central. A súa mellor defensa é pedir directamente axudas á Xunta de Galicia, porque a estas alturas, todos xa sabemos que é a única administración que está cumprindo cos concellos e cos galegos”.

Con todo, recorda que a Deputación non só ten o deber de axudar, tamén ten a capacidade económica de facelo. Cuestión aparte é a vontade política. E nesta liña, Cubela di que visitar os concellos afectados é máis que facer unha foto, é asumir as competencias da Deputación de Pontevedra e ofrecerlles o apoio económico que precisan. Pero, como sempre, Carmela Silva volveu a demostrar que a Deputación de Pontevedra deixou de ser unha institución útil para os concellos e para a cidadanía da provincia.

A moción que presentará o grupo provincial ao pleno reclamará que a Deputación de Pontevedra acepte o convite da Xunta de Galicia para asinar un convenio conxunto co Goberno central e cos concellos da provincia afectados polos temporais. “A cidadanía reclama acordos e colaboración de todos para solucionar os seus problemas, e non que aproveiten a menor ocasión para abrir confrontacións políticas que non levan a ningunha parte”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí