Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP presenta mocións na Deputación e nos concellos da provincia para esixir a baixada do prezo da luz ante a pasividade do Goberno

Reclaman a exención do imposto de produción eléctrica.

Reclaman a exención do imposto de produción eléctrica.

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Junio de 2021

Fuente: PP de Pontevedra

O Partido Popular presentará mocións na Deputación de Pontevedra e nos concellos da provincia para instar ao Goberno central a baixar o prezo da luz actuando sobre determinados impostos e custes regulatorios.

 

O voceiro do grupo provincial, Jorge Cubela, sinala que “esta transición enerxética improvisada e desordenada do Goberno están tendo consecuencias moi negativas para toda a provincia”. Así, di que as familias “vén como se está incrementando a factura eléctrica mentres a única recomendación que lles fai o Goberno é poñer a lavadora ás doce da noite”. Tamén afecta aos autónomos, “que coas novas tarifas por horas son un dos colectivos máis prexudicados, pois os tramos máis caros coinciden cos seus establecementos abertos”. E para o tecido empresarial “que cada vez compite en peores condicións co resto de países europeos”.

 

Por iso, considera que o aumento desproporcionado do prezo da electricidade, que onte volveu a rexistrar subas históricas e sitúa xa o mes de xuño como o mes máis caro desde que hai rexistros, está arroxando a centos de familias á pobreza enerxética e convertendo tarefas cotiás e necesarias en actividades de luxo. Pero tamén está castigando, continúa Cubela, a todos os autónomos e negocios que deberían comezar a recuperarse e están afrontando sobrecustes enormes porque precisan consumir enerxía todo o día.

 

Por iso, os populares levarán unha moción para o seu debate aos plenos provincial e dos concellos da provincia para solicitar unha rebaixa no prezo da electricidade. Así, instan ao executivo a rebaixar o tipo de gravame do Imposto sobre o Valor da Produción de Enerxía Eléctrica do 7% ao 0%, modificar a Lei do Sector Eléctrico para, entre outras cousas, que determinados custes regulatorios que se trasladan á factura eléctrica sexan financiados íntegramente con cargo aos orzamentos xerais do Estado, así como facilitar a comprensión do recibo e poñer en marcha de xeito inmediato unha campaña de información aos consumidores que explique de forma sinxela e comprensible a nova tarifa da luz.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí