Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PRAZO PARA PRESENTARSE Ó PREMIOS DA XI BIENAL DE PINTURA DO EIXO ATLÁNTICO FINALIZA O LUNS 28

A organización transfronteiriza entregará 7.500 euros ás mellores obras dos autores galegos e portugueses, así como ao mellor Novo Talento.

As obras seleccionadas conformarán a exposición, que se consolida entre as tres itinerantes máis importantes da península ibérica.

Fecha: 22 de Septiembre de 2015

Fuente: www.eixoatlantico.com

O prazo de inscrición para participar na XI Bienal de Pintura do Eixo Atlántico e optar a algún dos seus catro premios e integrar o catálogo dunha das exposicións pictóricas itinerantes máis importantes da península ibérica finaliza o vindeiro luns, día 28.

A convocatoria está aberta á participación de autores naturais ou residentes na Eurorrexión Galicia Norte de Portugal. Os creadores interesados no certame, ó que deberán presentar unha obra orixinal e inédita, deberán inscribirse na web do Eixo Atlántico http://www.bienalpinturaeixoatlantico.com/.

A organización transfronteiriza Eixo Atlántico, que puxo en marcha esta bienal hai 20 anos para impulsar a creación e os novos talentos de Galicia e do Norte de Portugal, repartirá 7.500 euros en premios. O primeiro galardón outorgarase á mellor obra do certame (3.000 euros), e os dous segundos á mellor obra de autor galego (1.500 euros) e á mellor obra de autor portugués (1.500 euros). Ademais, concederase o galardón ‘Novos Talentos Luso-Galaicos' para artistas de idades comprendidas entre os 16 e 25 anos (1.500 euros).

Un xurado formado por personalidades relacionadas co mundo da cultura e das artes plásticas de Galicia e Portugal, así como polo gañador da edición anterior, procederá a fallar os premios entre unha selección dun máximo de 30 obras, que constituirán o catálogo itinerante da XI Bienal.

O programa, un dos máis queridos e máis exitosos dos que puxo en marcha  o Eixo Atlántico, non só fortaleceu os lazos artísticos entre Galicia e Norte de Portugal senón que actuou como xerador de actividade económica, tanto pola atracción de visitantes ós municipios que acollen a mostra como facilitando a inserción laboral dos novos talentos.

Na Bienal de Pintura colaboran co Eixo Atlántico, a Secretaría Xeral de Cultura e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, a Fundação da Juventude e os municipios asociados ó Eixo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones