Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O primeiro panettone de mirabel do Rosal listo para disfrutar no nadal

Trátase dun Panettone tradicional pero innovador que sorprenderá aos amantes deste doce do Nadal.

Trátase dun Panettone tradicional pero innovador que sorprenderá aos amantes deste doce do Nadal.

Etiquetas del contenido

Fecha: 10 de Diciembre de 2021

Fuente: Mirabel do Rosal

Dúas empresas do Sur de Pontevedra, Panadería Argibay e Mirabel Do Rosal, unen esforzos para sacar ao mercado o primeiro Panettone Bio de Mirabel Do Rosal.

Trátase dun Panettone elaborado de maneira tradicional, de auténtica masa nai, cen por cen natural, con materias primas de alta calidade, pero con un toque innovador, ao incorporar no seu interior o auténtico Mirabel Do Rosal, que vai a aportar aromas e sabores moi singulares desta exquisita froita, e non deixará inadvertido aos amantes deste doce do Nadal.

A presentación oficial realizarase na próxima edición da Feira Etiqueta Negra Gourmet, a cal se vai a celebrar dende o 10 ao 12 de decembro no Recinto Feiral de Pontevedra. Evento no que xa está programado unha actividade de degustación comentada polas dúas empresas promotoras.

Con este novo produto tanto Panadería Argibay como Mirabel Do Rosal pretenden dar exemplo dos beneficios de establecer sinerxias na actividade empresarial, e ao mesmo tempo, en apostar por criterios de sostenibilidade, utilizando materias primas de proximidade, de produción ecolóxica, de orixe galego e de alta calidade, criterios na actualidade tan demandados e valorados polo mercado e consumidores. 

Finalmente, con este Panettone, ambas empresas enriquecerán o seu catálogo de produtos, e o comercializarán en tendas gourmet e delicatessen, especializadas bio, nos propios puntos de venta de Panadería Arbibay en O Porriño e Vigo e a través da tenda online de Mirabel Do Rosal.

 

Panadería Argibay

Panadería de O Porriño referente na elaboración de pans e pastelería ecolóxica, cunha ampla tradición familiar, ao ser a cuarta xeración de panadeiros que dende 1882 leva elaborando e ofrecendo produtos, doces e salgados, de maneira artesanal.

Cóntase cun muíño de pedra e cun forno de leña directa (“Forno Vello”) onde se coce o clásico pan do Porriño (“Pan de Forno Vello”). Todos os pans que se elaboran son ecolóxicos e todas as fariñas integrais e semi-integrais están moídas a pedra.

Na filosofía de Panadería Argibay, destaca o recoñecemento da pastelería como un arte, trátase con mimo todo o que se elabora, desde as masas ás fermentacións naturais, e dende a preparación e enfornado hasta a presentación do produto final.

 

Mirabel Do Rosal:

Mirabel do Rosal é unha empresa agraria que xurde como una iniciativa local de varios veciños do concello do Rosal (Pontevedra) coa intención de poñer en valor os produtos típicos da zona. Na actualidade dispón de 10 hectáreas de cultivo dedicados á produción ecolóxica de mirabel.

Mirabel Do Rosal, comercializa cada campaña o mirabel en fresco, e a través da marca comercial “Alén do Val”, comercializa os produtos transformados do mirabel. (marmelada, mirabeis en xarope, cervexa rubia e tostada, doce e snaks), sempre amparados polo CRAEGA e buscando produtos de alta calidade.

Mirabel do Rosal ven de recibir recentemente o premio ao Mellor Produtor Sostible da man do BBVA e o Celler de Can Roca, que recoñece un traballo importante pola sostenibilidade, de tal maneira que todos os produtos Alén Do Val incorporan un novo selo no etiquetado que recoñece este galardón que informará ao consumidor.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí