Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O programa -Propulsa- da Xunta leva este venres a Tui o espectáculo -Leira- de nova galega de danza

A iniciativa busca a posta en valor da riqueza patrimonial e paisaxística de Galicia a partir das artes do movemento

A iniciativa busca a posta en valor da riqueza patrimonial e paisaxística de Galicia a partir das artes do movemento

Etiquetas del contenido

Fecha: 13 de Agosto de 2021

Fuente: Concello de Tui

O espectáculo Leira de Nova Galega de Danza chega este venres ás 21,00 horas á Praza San Fernando de Tui no marco do programa da Xunta Propulsa Danza+Paisaxe+Patrimonio. A iniciativa, posta en marcha este ano pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, busca poñer en valor a riqueza patrimonial e paisaxística de Galicia a partir das artes do movemento.

 

En Leira o corpo e a terra estreitan os seus lazos nun espectáculo de danza e música que transporta o público á dura beleza dos labores do campo, coa muller como centro desta conexión. Sucédense as xornadas e as estacións en crúas paisaxes de intemperies habitadas unicamente por unha coreografía humana de apeiros de labranza, de corpos que cargan e arrastran, que danzan entre os sucos arados na terra. Leira é tamén a sinxela alegría do traballo feito coas mans, coa valentía do corpo a corpo, a celebración dunha Galicia intemporal e máxica.

 

Con dirección artística e escenografía de Jaime Pablo Díaz, e coreografía de Iker Gómez, Rosa Cedrón ponlle a voz e música en directo ao espectáculo, xunto ás voces de Aida Tarrío e as percusións de Miguel Anxo López. A composición musical é de Sergio Moure de Oteyza. Antón Cabado é o responsable do deseño e a iluminación, Alberto Beade do son e Erica Oubiña do vestiario.

 

Espectáculos en 27 espazos singulares

Propulsa Danza+Paisaxe+Patrimonio arrincou o pasado 2 de xullo en Ribadeo e rematará o 29 de agosto en Ponteareas, tras percorrer 27 espazos singulares de toda Galicia. Participan 30 formacións artísticas, das que 23 son galegas e sete proceden doutros puntos de España, de Francia e de Portugal.

 

O obxectivo é achegarlle ao público unha nova maneira de ver a danza, mediante a mestura desta arte escénica co patrimonio e a paisaxe de diferentes espazos singulares do territorio galego, como praias, cabos, fragas, fervenzas, miradoiros, catedrais, museos, hórreos ou castros.

Deste xeito, Propulsa Danza+Paisaxe+Patrimonio permite levar a danza a concellos onde esta disciplina artística non soe formar parte das súas programacións culturais, ao tempo que sirve de promoción turística de lugares singulares. Ademais, búscase fomentar a creación contemporánea de danza e atraer novos públicos, xunto coa creación de sinerxías coas administracións locais e os tecidos asociativos de cada zona.

A iniciativa insírese na colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e Turismo de Galicia para o desenvolvemento de diferentes propostas culturais no marco do Xacobeo 21-22.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones