Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O PSdeG-PSOE afirma que Rueda estréase cuns orzamentos -tan lamentables que deflactan a provincia de Pontevedra-

A baixada do imposto aos ricos fai que teñamos menos recursos para atender ás clases medias e aos traballadores coa falta de inversión e tamén se traducen en menos médicos/as, enfermeiros/as, profesores/as e funcionarios en xeral

A baixada do imposto aos ricos fai que teñamos menos recursos para atender ás clases medias e aos traballadores coa falta de inversión e tamén se traducen en menos médicos/as, enfermeiros/as, profesores/as e funcionarios en xeral

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Octubre de 2022

Fuente: PSdeG-PSOE Pontevedra

“O día da marmota, a moviola, a repetición da repetición... poñámoslle o nome que lle poñamos, os Orzamentos da Xunta para 2023 na provincia son o mesmo de sempre”. Así valora o secretario xeral do PSdeG-PSOE pontevedrés, David Regades, as Contas que o Goberno galego vén de presentar. David Regades fixo estas manifestacións durante a xuntanza da Executiva Provincial do Partido Socialista, reunida hoxe en Pontevedra.

Os primeiros Orzamentos de Alfonso Rueda para a súa provincia non existen. “Sons uns Orzamentos tan lamentables que “deflactan” a provincia, por utilizar terminoloxía PP”. Apenas 195 millóns de euros “de propaganda barata” aos que se se lle restan os 38,5 millóns de euros de achegas estatais para as obras do hospital Montecelo, os 37,6 millóns de  euros de pago do canon ao fondo francés propietario do hospital Álvaro Cunqueiro, as partidas repetidas “e xa tradicionais” e os fondos europeos ordinarios FEDER quedan reducidos á mínima expresión.

Nunha provincia de 61 concellos, explica Regades, a metade non recibe nin un euro da Xunta de Galicia.

 

Contas “antimunicipalistas”

Regades engadiu que se trata dunhas previsións orzamentarias “absolutamente antimunicipalistas e máis lesivos que nunca para os concellos como consecuencia do decimoterceiro ano consecutivo de conxelación do Fondo de Cooperación Local básico, que nin sequera se actualizou coa inflación nestes 13 anos, afogando así aos concellos nun auténtico escándalo de deslealdade institucional”. “Así que as partidas de Investimentos non son máis que a punta deste enorme iceberg de caciquismo en que se ten convertido a Xunta de Galicia”.

O secretario xeral socialista afirma que as partidas previstas para a Variante de Alba ou para a finca de Lourizán en Pontevedra, “a fotocopia da fotocopia” de todo o que presentan para Vigo ou as partidas que se anuncian para o saneamento das rías, arrastradas dun ano para outro como a marea, completan un retrato catastrófico dun Goberno galego falto de capacidade e de talento.

O Orzamento para 2023 complétase coa habitual listaxe de “cacicadillas” en obras de saneamento ou abastecemento de auga en concellos do PP cun reparto de “esmolas partidistas”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí