Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O PSdeG-PSOE da provincia presenta unhas listas ás Cortes Xerais marcadas pola renovación, -o peso político-, a igualdade e a representación territorial

A Executiva e o Comité Provincial deron o visto bo ás candidaturas por aclamación

A Executiva e o Comité Provincial deron o visto bo ás candidaturas por aclamación

Etiquetas del contenido

Fecha: 10 de Junio de 2023

Fuente: PSdeG-PSOE

As listas do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado para as próximas Eleccións Xerais do 23 de xullo saíron adiante por aclamación tanto na proposta presentada pola Executiva provincial como na ratificación posterior, como mandan os estatutos, a cargo do Comité Provincial. Un apoio unánime que mereceu o agradecemento do secretario xeral provincial, David Regades.

A candidatura ao Congreso está encabezada por David Regades (Vigo) e continúa, por esta orde, con Margarita Adrio (Pontevedra), Modesto Pose (Vilagarcía), Paula Fernández (Silleda), Luis Piña (A Cañiza), Marta Giráldez (Meis) e Samuel Lago (Cambados). En calidade de suplentes figuran Vanesa Fernández (Ponteareas), Ladislao Alonso (Nigrán) e Estrela Vilacoba (Pontevedra).

A candidatura ao Senado ten como titulares a Carmela Silva (Vigo), Luis López Bueno (A Estrada) e Verónica Pichel (Forcarei). As persoas suplentes da primeira candidata son Leticia Gallego (Vigo) e Daniel Ricart (Vigo). No segundo caso os suplentes son Violeta de Santiago (Tomiño) e Iago Alberto Carril (Vilagarcía). Finalmente, as persoas suplentes da terceira candidata, son Xoel Souto (Moraña) e Ainhoa Fervenza (Sanxenxo).

O procedemento estatutario continuará coa avaliación que hoxe mesmo realizará o Comité Nacional Galego e finalizará o sábado, día 10, coa aprobación das listas por parte do Comité Federal.

O secretario xeral provincial e número 1 na proposta de lista ao Congreso, David Regades, afirmou que trátase dunhas candidaturas renovadas, pero marcadas tamén pola experiencia de persoas que xa acreditaron un traballo parlamentario durante esta lexislatura en favor da provincia. Destacou tamén “o peso político, con mulleres e homes que son referentes institucionais”, das candidaturas do PSdeG-PSOE.

Regades subliñou a fortaleza da democracia interna do Partido Socialista, que é o primeiro en designar aos seus candidatos e candidatas a partir das propostas realizadas nos últimos días polas asembleas locais, cun proceso transparente e participativo. Destacou tamén que se trata dunhas candidaturas igualitarias, concibidas con “criterio cremalleira” entre mulleres e homes, e, ademais, moi representativas de todo o territorio da provincia de Pontevedra.

Finalmente, o secretario xeral agradeceu a participación dos/as case 3.000 militantes do Partido Socialista na provincia de Pontevedra e o compromiso da totalidade da Executiva provincial, que elaborou estas candidaturas por aclamación, demostrando así que o partido está unido e comprometido para dar a batalla nas Eleccións Xerais e coa defensa de tódolos avances sociais que fixo posible o Goberno de Pedro Sánchez.

“Nas dúas últimas Xerais”, afirmou David Regades, “que foron as do 28 de abril e do 10 de novembro de 2019, fomos primeira forza na nosa provincia con moita claridade e desta volta partimos coa intención de volver a gañar as Eleccións na provincia máis socialista de Galicia”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí