Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PSdeG-PSOE denuncia o reparto en 9 minutos e 43 segundos das propinas-subvencións a concellos de menos de 20.000 habitantes

Tan só 8 dos 52 concellos da provincia que tiñan dereito á axuda puideron conseguila e, de entre eles, 7 teñen alcalde/sa do PP

Tan só 8 dos 52 concellos da provincia que tiñan dereito á axuda puideron conseguila e, de entre eles, 7 teñen alcalde/sa do PP

Etiquetas del contenido

Fecha: 08 de Mayo de 2021

Fuente: PSdG-PSOE

A última convocatoria de subvencións para obras en equipamentos e servizos municipais entre concellos de menos de 20.000 habitantes, que foi parar moi maioritariamente a concellos gobernados polo Partido Popular, é “un escándalo maiúsculo de caciquismo” en palabras do secretario xeral dos/as socialistas galegos, David  Regades, quen engade que a Xunta continúa, en pleno século XXI, con prácticas decimonónicas e indignas en Democracia.

“A chegada das novas tecnoloxías, lonxe de corrixir vellos hábitos, está a servir para acentuar a opacidade dun Goberno que se resiste a cambiar o seu “modus operandi” no xeito de relacionarse co municipalismo”. “As Alcaldías do PP gobernan escasamente ao 20% da provincia e lévanse case o 90% destes fondos”, lamenta.

A convocatoria destas últimas subvencións non primou a calidade dos proxectos, nin asignou fondos en función de criterios regrados. Optouse por volver utilizar a vía non competitiva (excepcional na lexislación sobre Subvencións) e cinguíndose unicamente á orde de rexistro das solicitudes ata esgotar o crédito, que era de só 2,3 millóns de euros para toda Galicia. O resultado, engade Regades, foi que os cartos acabáronse en só 9 minutos e 43 segundos “nunha repañota partidista de medianoite para concellos do PP avisados con antelación, mentres que os demais tiveron os detalles na convocatoria publicada só un día antes”.

Tan só 8 concellos sobre os 52 existentes na provincia de Pontevedra con menos de 20.000 habitantes lograron a subvención. Deles un total de 7 están gobernados polo Partido Popular (Vilanova de Arousa, Crecente, Dozón, A Lama, Mos, Oia e Sanxenxo) e tan só A Cañiza (PSdeG-PSOE) conseguiu entrar despois dunha intensa xornada de traballo preparando toda a documentación necesaria para un proxecto que, afortunadamente, xa tiñan redactado. “Contan que algúns alcaldes e alcaldesas xa aprenderon que hai que estar diante do ordenador e premer a tecla de enviar cando falta un minuto para a medianoite, contando con que o Rexistro electrónico da Xunta está saturado. Aínda así arríscanse a quedar fóra por misterios da tecnoloxía”.

Con todo, a ridícula partida de 2,3 millóns para toda Galicia tradúcese nun tope de 67.760 euros por concello “unha propina-subvención concibida para alimentar a máquina clientelar do PP”. O secretario xeral do PSdeG-PSOE Pontevedra provincia  advirte de que aínda nos faltan os concellos beneficiarios do Plan Hurbe, que adoita repartirse pola mesma vía. David Regades conclúe instando á Xunta de Galicia a “revisar de oficio a súa relación cos concellos e a articular fórmulas de colaboración regradas e con financiamento suficiente, ao estilo do que fai a Deputación de Pontevedra co Plan Concellos, que entrega 42,5 millóns de euros a tódolos concellos da provincia con criterios equitativos e transparentes”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones