Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O PSdeG-PSOE no Baixo Miño nomea a David Alonso como novo coordinador comarcal

O secretario xeral e voceiro municipal no Porriño foi elixido co respaldo unánime de tódalas agrupacións socialistas

O secretario xeral e voceiro municipal no Porriño foi elixido co respaldo unánime de tódalas agrupacións socialistas

Etiquetas del contenido

Fecha: 16 de Julio de 2022

Fuente: PSdG - PSOE Pontevedra Provincial

O PSdeG-PSOE ten nova Coordinadora Comarcal na comarca do Baixo Miño encabezada polo secretario xeral e voceiro municipal do partido no Porriño, David Alonso Bargiela. A elección produciuse o xoves 14 de xullo, nunha xuntanza celebrada en Tomiño na que Alonso recibiu o apoio unánime das agrupacións do seu concello xunto coas da Guarda, Oia, O Rosal, Salceda de Caselas, Tomiño e Tui. A xuntanza contou coa asistencia do secretario xeral provincial, David Regades, que aplaudiu o consenso así como a valía do novo coordinador comarcal.

“Contade con todo o respaldo da Dirección Provincial; entendemos como un acerto ter elixido a David Alonso”, afirmou David Regades. “Dende o partido reivindicamos o traballo que está a facer no Porriño, falando dos problemas reais da xente fronte a un alcalde que vive da propaganda e do fume, que chegou á Alcaldía por un pacto espurio e oculto cunha suposta forza de esquerdas”. Regades engadiu que a morte da anterior alcaldesa, Eva García, foi un golpe que segue doendo e o Partido Socialista porá tododa súa parte para recuperar esa Alcaldía”. “Que se lea tamén este nomeamento como un apoio explícito a David Alonso”, concluíu.

David Alonso agradeceu, xa como coordinador comarcal, a confianza de tódolos/as compañeiros/as e anunciou que asume como unha obriga deste cargo a “escoita e transmisión continua”. “Considero que é fundamental facer piña, poñer cousas en común, compartir información, cohesionar e coller toda a velocidade que sexa posible de cara ás próximas Municipais, nas que temos que seguir avanzando nesta comarca”.

O coordinador comarcal adiantou que a defensa da Sanidade Pública, que está a sufrir gravísimos recortes nesta comarca, ocupará un espazo central na súa axenda. “É un problema nos nosos concellos, onde a Atención Primaria está sendo esquilmada e a xente está quedando sen un servicio xa non básico, senón esencial”. “O Partido Socialista non pode tolerar nin calar diante do que está pasando e se xa estamos en tódalas iniciativas para denunciar e loitar contra a insensibilidade do PP con este asunto, estarémolo aínda máis”. Ademais, destacou que hai estradas autonómicas e provinciais que comunican varios concellos que terán un seguimento e, finalmente, que hai un consorcio de Augas do Louro a cuxa xestión hai que estar atentos/as.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí