Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O PSdeG-PSOE pide explicacións ao goberno de Luis López ante o retraso na aprobación das subvencións ao deporte da provincia

Ana Laura Iglesias: -É incomprensible a tardanza da posta en marcha destes recursos, indispensables para clubs, asociacións e deportistas que non entenden tanta dilación.-

Ana Laura Iglesias: -É incomprensible a tardanza da posta en marcha destes recursos, indispensables para clubs, asociacións e deportistas que non entenden tanta dilación.-

Etiquetas del contenido

Fecha: 05 de Abril de 2024

Fuente: PSdeG-PSOE

O Grupo provincial do PSDG-PSOE na Deputación de Pontevedra pide “una explicación coherente ao goberno provincial” ante o retraso na aprobación e concesión das axudas ao deporte da provincia que son indispensables para o desenvolvemento de competicións e actividades de clubs, asociacións e deportistas, tal e como sinalou nunha pregunta o deputado provincial Gorka Gómez no pleno do pasado martes.

A portavoz do grupo socialista, Ana Laura Iglesias, cualificou hoxe de incompresible esta demora “que está suscitando moita preocupación entre dirixentes e deportistas de diferentes modalidades que compiten nesta provincia na que o deporte é unha sinal de identidade que nos enche de orgullo e que sempre contaron co respaldo inequívoco da Deputación de Pontevedra, “alo menos nos últimos oito anos”. Nese sentido, a portavoz recordou que as axudas ao deporte do anterior goberno de Carmela Silva sempre foron unha prioridade “como o demostra que os recursos tiñan luz verde nos primeiros meses do ano porque era a forma de que contaran con esas subvencións para poder facer os seus orzamentos e planificar sen sustos a temporada”.

A deputada citou como exemplo como no ano 2022 os recursos para  o deporte federado se aprobaron o 1 de marzo, situación que incluso se adiantou en 2023 coa aprobación das axudas o 3 de febreiro para o deporte con competicións no ámbito estatal, o 9 de febreiro para a organización de campionatos e actividades, ou o 16 de marzo para todo o deporte náutico. “Xa estamos en abril e ninguén sabe nada que pasa con estes recursos polo que unha vez máis instamos ao presidente e ao goberno a que se poñan as pilas e se ocupen desta situación que ten en vilo a milleiros de deportistas na provincia”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí