Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O PSdeG-PSOE provincial cualifica como asombroso que a Xunta lle pida fondos aos concellos para pagar as axudas pola covid19

O secretario xeral, David Regades, lamenta que o Goberno galego se negara á proposta do portelo único municipal e lembra que as arcas municipais están exhaustas

O secretario xeral, David Regades, lamenta que o Goberno galego se negara á proposta do portelo único municipal e lembra que as arcas municipais están exhaustas

Etiquetas del contenido

Fecha: 03 de Marzo de 2021

Fuente: PSOE

O secretario xeral PSdeG-PSOE da provincia de Pontevedra, David Regades, considera asombroso que a Xunta, a través do seu vicepresidente, Alfonso Rueda e a conselleira de Emprego, María José Lorenzana, estea enviando cartas aos alcaldes e alcaldesas pedíndolles fondos municipais para reforzar as exiguas axudas autonómicas á hostalería, persoas autónomas e pequenas e medianas empresas afectadas pola pandemia.

David Regades destaca que tanto as políticas sanitarias como as relacionadas coas pemes son competencia exclusiva da Xunta e que se os concellos foron máis alá das súas atribucións repartindo axudas (nalgúns casos mesmo solicitando informe de delegación de competencias á propia Xunta tralo informe negativo das Intervencións municipais) foi a causa do extraordinario da situación. Ademais, lembra que hai xa un par de meses, os/as socialistas da provincia solicitaron da Xunta que os concellos funcionasen como portelo único para repartir tódalas axudas. Sen embargo, o Goberno galego optou por unha complexa cadea de convocatorias, marcada pola letra pequena e a opacidade. “A día de hoxe cóntanse por centos as persoas autónomas e pequenos empresarios que tiveron como resposta ás súas solicitudes o silencio administrativo, noutros casos rexeitáronse por cuestións formais e, finalmente, en moitos casos as persoas afectadas simplemente renunciaron a presentar a solicitude diante da carga burocrática da documentación esixida”, explica Regades. Todas estas queixas son ben coñecidas polos alcaldes e alcaldesas que agora reciben carta de Rueda.

 

O modelo da Deputación

Regades explica que mentres a Xunta manda cartas, a Deputación de Pontevedra manda  cartos aos concellos para que sexan estes os que repartan as axudas. A Xunta de Galicia amagou con dedicar só 50 millóns de euros ás axudas (o 0,4% do Orzamento autonómico) e acabou subindo a 75 millóns (o 0,6% pola presión das deputacións galegas). No caso da Deputación pontevedresa, aprobouse unha dotación de 1,64 millóns (o 1% do seu Orzamento), que xa puxo a disposición dos concellos, para que sexan eles os que distribúan os apoios. “A Xunta pretende que pasemos por alto que as catro deputacións galegas mobilizan pouco máis de 500 millóns, mentres a Xunta dispón de 11.600 millóns e que, ademais, as axudas autonómicas nútrense dos fondos extraordinarios estatais e europeos”.

O secretario xeral engade que as economías dos concellos están moi castigadas por tódolos gastos extraordinarios que tiveron que soportar dende o comezo da pandemia, entre os que destacan os custos por desinfección de colexios e parques infantís, as horas extra do persoal (nomeadamente a Policía Local para o control de desprazamentos ou aforos) e os gastos en axudas de emerxencia social ou no Servizo de Axuda no Fogar (SAF), este último de competencia autonómica, ao tratarse dunha prestación do sistema de Dependencia. Regades denuncia que a Xunta segue financiando a hora de SAF a 9,70 euros cando o custo real está xa nos 18 euros.

Por outra banda, indica que non deixa de abraiar o feito de que a Xunta pida cartos aos concellos tras negarse, ano tras ano, a financialos adecuadamente ao mesmo tempo que continúa aprobando lexislación autonómica para derivarlles competencias sen a correspondente dotación económica. Mentres os Orzamentos Xerais da Xunta 2021 creceron este ano un 14,9%, explica Regades, o Fondo de Cooperación Local básico quedou “varado” un ano máis en 112 millóns, o que supón un descenso relativo dun 6,4%.

Finalmente, o secretario xeral dos/as socialistas pontevedreses reprocha a Alfonso Rueda as súas declaracións a propósito das axudas á hostalería e sectores afectados. “Rueda compórtase como se os cartos foran del e fala máis como presidente provincial do PP que como vicepresidente da Xunta”. Especialmente graves foron as declaracións do pasado mes de xaneiro nas que acusaba a “algún dirixente municipal” de intentar “poñer o seu selo nas axudas”. E nas que tamén cualificaba como “partidistas” ás entidades locais engadindo que “alcaldes e alcaldesas antepoñían os seus intereses electorais aos dos colectivos máis castigados pola pandemia”.

A colaboración institucional, conclúe, que debería ser a norma nuns tempos tan complicados como os que estamos a vivir, brilla pola súa ausencia. “A Xunta de Galicia prefire as liortas ás alianzas e ten unha especial obsesión en contra do mundo local que nin sequera en tempos de COVID19 se atenúa”.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí