Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O PSOE esixe a dimisión de Carrero e Almuiña polo escándalo dos sobresoldos na Deputación e ve como insultante que se culpe ao funcionariado

Laura Iglesias: -Aquí non hai responsabilidades administrativas, hai responsabilidades políticas maiúsculas por un caso de corrupción dun señor que collía o que non é seu ata que o pillamos-

Laura Iglesias: -Aquí non hai responsabilidades administrativas, hai responsabilidades políticas maiúsculas por un caso de corrupción dun señor que collía o que non é seu ata que o pillamos-

Etiquetas del contenido

Fecha: 15 de Diciembre de 2023

Fuente: PSdeG-PSOE

O grupo provincial socialista compareceu diante da Deputación para reclamar a dimisión inmediata do deputado e alcalde da Guarda, Roberto Álvarez Carrero, por ter ingresado preto de 5.000 euros en sobresoldos ilegais durante os últimos tres meses. Unha petición que fai extensiva ao deputado de Persoal e alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, por non ter fiscalizado os pagos “nun escándalo de corrupción sen paliativos”.

Laura Iglesias e Javier Mougán, deputados socialistas, compareceron para explicar que o PSOE rexistrou unha pregunta o pasado martes, día 5, e unha semana despois, diante do silencio do Goberno provincial do PP, decidiu facer público o que considera “o primeiro caso de corrupción que salpica ao novo presidente, Luís López”. “O presidente xa está manchado”, afirmou Laura Iglesias, quen engadiu que se os deputados implicados non dimiten de inmediato, reclamará formalmente a dimisión do presidente “como máximo responsable dun escándalo no que un deputado coa connivencia doutro meteu a man na caixa”.

Iglesias cualificou como vergoñento que Carrero afirme que non se deu conta de que cobraba por asistencia aos plenos, xuntas de goberno e comisións informativas a pesar de que goza dunha dedicación exclusiva remunerada con 54.000 euros anuais. Engadiu que Carrero goza da exclusividade dende o 4 de agosto e, a pesar diso, cobrou ilegalmente por participar nos órganos colexiados durante tres meses acumulando preto dos 5.000 euros. Por exemplo, en outubro percibiu un “plus de corrupción” de 2.750 euros e en novembro de 1.919 euros. “Para que a xente nos entenda”, explicou Laura Iglesias, “este señor que percibe 4.000 euros brutos ao mes pola súa dedicación exclusiva, chegou a cobrar ata 6.636 euros, e todo sen darse conta. Máis que o propio presidente da Deputación”. Os datos son públicos unha vez que o PP tivo que poñer fin ao “apagón dixital” do portal de Transparencia da Deputación a raíz doutra denuncia do grupo socialista.

A deputada socialista afeoulle tamén ao alcalde da Guarda que cando tomou posesión do cargo como alcalde presumiu en declaracións á prensa de que non tería salario no Concello e mesmo permitiuse criticar o soldo do anterior alcalde. “Agora sabemos que non é unha persoa honorable e vemos a súa verdadeira catadura moral”, subliñou. Recalcou que de non ser pola denuncia do Partido Socialista seguiría cobrando o “plus de corrupción” ata acumular 50.000 euros ao final do mandato.

Laura Iglesias considera dunha desvergoña absoluta que o deputado do PP trate tamén de culpar ao funcionariado da Deputación e de agocharse detrás dun suposto “erro administrativo”, “cando o que hai non son responsabilidades administrativas, senón responsables políticas maiúsculas cun caso de corrupción de libro dun señor que collía o que non é seu ata que o pillamos”. “Culpar ou purgar aos funcionarios da Deputación é marca da casa no Goberno provincial do PP”. Por elo, a deputada socialista demandoulle que pida tamén desculpas ao funcionariado e que deixe de mentir.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí