Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O PSOE reclamará no Pleno da Deputación a continuidade do Plan Concellos e que o PP renuncie a volver a repartir fondos -a dedo-

Carlos Font: -Estamos en setembro e nada se sabe, porque as cousas no Pazo Provincial seguen a ritmo caribeño-

Carlos Font: -Estamos en setembro e nada se sabe, porque as cousas no Pazo Provincial seguen a ritmo caribeño-

Etiquetas del contenido

Fecha: 20 de Septiembre de 2023

Fuente: PSdeG PSOE

O primeiro Pleno ordinario da Deputación, que se celebrará o próximo día 29, abordará unha moción que o grupo provincial socialista vén de rexistrar “para que se manteña o Plan Concellos e que tódolos investimentos extraordinarios para equipamentos e dotacións municipais do mandato aos concellos de menos de 50.000 habitantes sexan repartidos a través de plans de concorrencia competitiva con criterios obxectivos”.

O voceiro socialista, Carlos Font, afirma que despois de tres meses de Goberno do PP no que non se ten producido ningún anuncio relevante, máis alá da constante apropiación de proxectos e plans herdados do anterior Goberno, “é hora de que o PP comece a falar do que importa, que é o modelo que vai implantar para o financiamento dos concellos, porque nolo están pedindo alcaldes e alcaldesas de toda a provincia, que están moi preocupados”. “Queremos, para que se entenda ben, que o PP se comprometa a non volver aos tempos de Louzán ou de Baltar, repartindo cartos a dedo aos concellos da súa cor política”, engadiu.

A moción insta así ao Goberno provincial a manter o Plan Concellos, que este ano supón 43,5 millóns de euros, como pedra angular do financiamento estable e que a dotación creza o mesmo que o Orzamento provincial de 2024 e, en todo caso, un mínimo dun 3%. Ademais, o texto que se someterá a votación insta ao Goberno provincial a que tódolos investimentos extraordinarios que se liberen ao longo do mandato para equipamentos e dotacións municipais sigan a ser distribuídos con basees obxectivas e criterios de concorrencia competitiva, tal e como sucedeu nos últimos 8 anos cos plans PICEI, Reequilibrio, DepoRemse, ReacPon e PON2030, dos que se beneficiaron, con absoluta transparencia, concellos de todo signo político. En canto a Vigo e Pontevedra, que se regulan polo réxime de grandes cidades, o PSOE defenderá que a Deputación continúe financiando grandes actuacións a través de convenios pactados con transparencia e en colaboración cos seus gobernos municipais.

 

“Un antes e un despois”

A moción destaca que o Plan Concellos, que naceu en 2016 coa chegada do PSOE á Presidencia da Deputación tras 40 anos de gobernos da dereita “supuxo un antes e un despois”, indo moito máis alá da obriga legal de despregar un Plan de Obras e Servizos. O Plan Concellos cambiou o modelo opaco anterior por un reparto obxectivo en función de criterios como a poboación ou a extensión territorial dos 59 municipios da provincia de menos de 50.000 habitantes.

Font explica que as bases do Plan Concellos publicáronse sempre no mes de novembro, polo que cada alcalde ou alcaldesa coñecía con antelación os fondos regrados cos que contaría para o ano seguinte e, ademais, recibía unha carta informativa. Todas as subvencións das tres liñas (Obras, Subministros e pagos e Emprego) aprobáronse sempre no primeiro trimestre do ano, “facilitando así a planificación anual”. “Estamos a mediados de setembro e non se sabe nada e no Pazo Provincial todo marcha a ritmo caribeño”.

 A outra gran virtude do Plan Concellos, destácase na moción socialista, foi a estabilidade nas súas achegas, “sen picos partidistas” vinculados ao ciclo electoral e sen ningún tipo de privilexio ou distinción entre concellos.

“O Plan Concellos que creamos en 2016 non só fixo mellor á Deputación, senón que fixo mellores aos concellos, porque todos e cada un deles víronse motivados a poñer en marcha un novo modelo de xestión das obras e servizos coa certeza de que a c ada ano habería recursos estables da Deputación para continuar mellorando a atención que prestan á veciñanza”, afirma o voceiro socialista.

Finalmente, a moción recorda o legado dos plans extraordinarios que a Deputación foi convocando nestes 8 anos para financiar as grandes obras de equipamentos e dotacións municipais. Os dous últimos plans (o ReacPon e o PON2030) aínda están en vigor, recordou Font, quen subliñou que todas as convocatorias realizáronse con bases obxectivas e con concorrencia competitiva, “sen repartir un euro de xeito discrecional para que todos os alcaldes e alcaldesas tiveran as mesmas oportunidades de converter en realidade os seus proxectos máis ambiciosos”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí