Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O río miño: un destino con grande potencialidade por desenvolver

O vicedirector do AECT Río Miño Uxío Benítez recibiu hoxe institucionalmente ás persoas participantes da -famtrip- que están a coñecer os recursos do territorio miñoto

O vicedirector do AECT Río Miño Uxío Benítez recibiu hoxe institucionalmente ás persoas participantes da -famtrip- que están a coñecer os recursos do territorio miñoto

Etiquetas del contenido

Fecha: 04 de Junio de 2021

Fuente: Deputación de Pontevedra

Os operadores de viaxes especializados en turismo que estes días están a coñecer o territorio do Miño están a descubrir un destino cunha grande potencialidade  por desenvolver. Así o deixaron ver na recepción institucional que contou co vicedirector do AECT Río Miño, Uxío Benítez.

 

Na xornada de hoxe o seu percorrido polo territorio comezou en Valença, onde a ponte internacional, para despois pasar a Tui, facer rafting en Arbo, comer na adega Señorío de Rubiós, gozar das ecopistas de Monçao, visitar a adega de Soalheiro, e visitar a Caixa dos brinquedos. Mañá continuarán por Cerveira e o Rosal logo de no día de onte ter unha axenda apretada na que repetiron as actividades realizadas polo grupo de ‘influencers’ e bloggers o pasado martes.

 

Na recepción institucional, Benítez explicoulles a representantes das axencias e maioristas o proxecto Visit Río Miño e o desenvolvemento da marca Río Miño que está a divulgar o AECT baixo os lemas ‘dous países un destino’ e ‘dous países, un destino, grandes experiencias’. Subliñou que se pretende facer un traballo estratéxico de construír no territorio un destino sobre o río  “que xera identidade, paisaxe e natureza propias”.

 

“Os turismos de natureza, máis seguros e menos desenvueltos teñen moito futuro”, apuntou Benítez, amosándose claramente dacordo coas e cos representantes das axencias e operadores, que manifestaron o seu interese por redeseñar a súa oferta cara o mercado de destinos de proximidade. Estes destacaron, de feito, a súa necesaria especialización en produtos non masificados, de calidade e a medida, alternativos, con aloxamentos especiais, ou de viaxes de natureza, e subliñaron o interese de públicos europeos en destinos como o do Miño.

 

 Ante os comentarios das persoas participantes no ‘famtrip’ –explicou Benítez- o AECT seguirá a afondar na súa estratexia de promocionar o territorio e a marca transfronteiriza por, ademais, estar situado nunha ubicación estratéxica entre Vigo e Porto.

 

A presentación do Miño transfronteirizo a ‘influencers’ e operadores organizada polo AECT vai durar toda a semana. Nos primeiros días as actividades estiveron dirixidas a un grupo de xornalistas, influencers e bloggers moi activos e dunha grande experiencia tanto en medios estatais como internacionais: Alberto Ribas, coñecido como ‘Alvientooo’, finalista en diferentes premios estatais de ‘influencers de turismo; Daniel Keral, responsable de ‘Un viaje creativo’,unha web que recibiu o Premio Internacional de Comunicación Turística en 2017 como mellor blog de revelación de viaxes; Eva Abal, encargada de ‘Una idea de viaje’ e colaboradora de diferentes revistas e na páxina ‘Hostelworld’; ou os representantes do suplemento de viaxes Fugas do Diario Público de Portugal. Dende onte e ata venres o percorrido está dirixido a axencias e multinacionais organizadoras de paquetes de viaxes.

 

O ‘famtrip’ está organizado polo AECT Rio Minho como un fito de promoción do destino e a marca Rio Minho co obxectivo de desenvolver o produto turístico transfronteirizo baseado no patrimonio natural e cultural dentro do proxecto de preservación e valorización do territorio ‘Visit Rio Minho’, que baixo o lema ‘Un río, dous países, grandes experiencias’, está financiado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí