Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Rosal, A Guarda e Tomiño solicitarán ao Goberno o recoñecemento das propiedades veciñais da liña de costa

O Concello rosaleiro levará a cuestión a pleno nunha moción conxunta este xoves 29 de xullo (20.00 h) no Centro Social Polivalente

O Concello rosaleiro levará a cuestión a pleno nunha moción conxunta este xoves 29 de xullo (20.00 h) no Centro Social Polivalente

Etiquetas del contenido

Fecha: 28 de Julio de 2021

Fuente: Concello de O Rosal

A alcaldesa de O Rosal, Ánxela Fernández; a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e a tenente de alcalde da Guarda, Montserrat Magallanes, acordaron, tras unha reunión coas comunidades de montes dos tres municipios, esixir ao Goberno de España as modificacións lexislativas necesarias para o recoñecemento das propiedades veciñais da liña de costa por parte do Estado. O Concello do Rosal levará a pleno este xoves 29 de xullo (20.00 h, no Centro Social Polivalente) unha moción conxunta para poñer de manifesto que os montes veciñais en man común son lexítimas titularidades da veciñanza comuneira e solicitar ao goberno os cambios na regulación.

Esta solicitude é produto das denuncias dos comuneiros após que o Catastro remitiralles varias cartas para advertir que a titularidade desas propiedades corresponde á Administración do Estado. As comunidades de montes avisan que se está a realizar unha “confiscación encuberta das terras comunitarias”.

O Estado ampara esta actuación ao amparo do artigo 9 da lei de Costas que di “que dentro da demarcación marítimo-terrestre, non poderán existir territorios de propiedade distinta da demanial do Estado”, pero para os comuneiros esta interpretación non é correcta. Consideran que a natureza colectiva das terras comunitarias está protexida pola lei de Montes Veciñais, e non deben ser tratadas como as propiedades privadas.

Recollidas estas denuncias, esta moción conxunta recolle solicitar ao Estado a modificación do artigo 9 da lei de Costas, no que se inclúa que as titularidades comunitarias poidas existir nas demarcacións marítimo-costeiras, e a modificación do artigo 388 do Código Civil para que se recoñeza aos montes veciñais á par dos bens de dominio público e privado.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí