Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Rosal celebra o seu Nadal máis sostible

Veciños e veciñas das parroquias traballan xuntos para crear enxeñosos elementos cos que decorar rúas e prazas nestas datas

Veciños e veciñas das parroquias traballan xuntos para crear enxeñosos elementos cos que decorar rúas e prazas nestas datas

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Diciembre de 2022

Fuente: Concello do Rosal

Un Nadal diferente é posible. Nestas datas veciños e veciñas das parroquias únense para celebrar un ‘Nadal sostible’ grazas ao deseño e elaboración dunha enxeñosa decoración baseada no respecto ao medio ambiente, a reciclaxe e a reutilización de materiais.

Unha iniciativa que leva moitos anos poñendo en práctica a veciñanza de barrios como Caselas ou O Picón e que nesta ocasión tamén se está a celebrar en Martín, Viso dos Eidos, Novás, Portecelo, San Xián, As Eiras ou A Fecha. “Parécenos un proxecto marabilloso que non só fomenta o coidado do noso medio ambiente, senón que une ás persoas e fomenta a colaboración cunhas xuntanzas moi especiais nas que facer xuntos e xuntas uns bonitos adornos de Nadal, socializando e desfrutando todos e todas da maxia destas datas”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

Centenares de elementos decorativos feitos cos materiais máis dispares e orixinais que agora xa adornan as rúas e prazas rosaleiras: campás feitas con cápsulas de café usadas, árbores de Nadal de palla ou restos de palés de madeira, bonecos de neve con botellas de plástico ou pneumáticos usados ou ata un belén de grandes dimensións en medio dun pilón, son algunhas das interesantes creacións feitas pola veciñanza e que fai xa as delicias de grandes e pequenos e pequenas..

A rexedora quere felicitar “a toda a veciñanza rosaleira que participa nesta fermosa iniciativa que só fai recalcar o marcado carácter asociativo e colaborativo do noso concello. Porque en canto se lles trasladou a idea dende o Concello de poder facer entre todos un Nadal sostible enseguida os veciños e veciñas se implicaron”. “Estamos convencidos e convencidas de que haberá segunda edición e de que, cada vez, sumarase máis veciñanza a esta iniciativa”, recalca Fernández Callís, que anima a todos os rosaleiros e rosaleiras a visitar estas creativas obras de arte.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí