Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Rosal despide o ano con música, contos e visita dobre do Apalpador

Todas as actividades serán de balde e contarán coas medidas de prevención necesarias

Todas as actividades serán de balde e contarán coas medidas de prevención necesarias

Etiquetas del contenido

Fecha: 29 de Diciembre de 2020

Fuente: Concello do Rosal

O Rosal quere despedir o ano por todo o alto: catro actividades para todos os públicos coas que desfrutar de tempo de lecer en familia antes de despedir o 2020. Música, contos e visita dobre do Apalpador e a Apalpadora forman parte desta programación con actividades de balde coas que se aposta pola cultura segura, xa que se celebran tomando todas as medidas de prevención acordes á situación epidemiolóxica actual, como aforo reducido, distancias de seguridade e o uso obrigatorio de máscara.

A primeira actividade da última semana do ano será a visita da Apalpadora de Iseo a Moura, que ven comprobar se as barrigas das nenas e nenos rosaleiros están cheas de boa comida. Será este luns 28 de decembro a partir das 17.00 horas na Praza do Calvario.

O martes 29 de decembro as rúas do Calvario encheranse a partir das 18.00 horas coa alegría e a música de Latexo Percusión. Un espectáculo de animación único que combina o visual da danza cos arranxos musicais baseados na batucada brasileira cos que transportarse a lugares do mundo nos que a ledicia, o ritmo e o movemento son parte da vida cotiá.

O día 30 de decembro será a quenda dos ‘Catro monos’ de A Tropa de Trapo, teatro para toda a familia na Praza do Calvario tecido a través de contos con música e historias que teñen moito que dicir, cun trasfondo social e cunha vertente pedagóxica moi coidada. ‘Catro monos’ conta a historia dun símbolo nacido hai moitos anos no Lonxano Oriente que viña do poder para reprimir ao pobo, os Tres Monos Sabios: un mono non oía o que pasaba ao seu redor, outro non quería ver o que tiña diante e o último calaba a boca para non dicir o que pensaba. A Tropa de Trapo dálle a volta ao conto para que os seus monos escoiten, vexan e falen, pensen, actúen e sexan catro. Ás 17.00 horas.

O ano rematará cunha nova visita do Apalpador, nesta ocasión da man da Deputación de Pontevedra. O encontro cos nenos e nenas do Rosal será o xoves 31 de decembro ás 17.00 horas na Praza do Calvario.

Todas estas iniciativas teñen como obxectivo ademais de ofertar unha ampla programación de Nadal segura o de dinamizar as rúas do Rosal, fomentando a presenza da veciñanza nelas e potenciando o comercio local.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí