Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Rosal festexa esta semana de Nadal co Apalpador, música e animación

A programación comeza este 23 de decembro con dobre sesión do Apalpador e Os Monifates na Praza do Calvario

A programación comeza este 23 de decembro con dobre sesión do Apalpador e Os Monifates na Praza do Calvario

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Diciembre de 2020

Fuente: Concello do Rosal

A programación de Nadal arranca no Rosal con música e animación polas rúas, coa visita do Apalpador para os máis pequenos e pequenas pero tamén cun concerto para público adulto. En total serán catro actividades de balde programadas para esta semana que contarán con todos os protocolos de prevención marcados polas autoridades sanitarias para garantir a saúde dos rosaleiros e rosaleiras. “Apostamos por unha cultura segura na que tomando todas as medidas de seguridade necesarias podamos manter actividades de lecer para pequenos e maiores coas que dinamizar as nosas rúas, fomentar a presenza de veciños e veciñas e potenciar o noso comercio local”, salienta a rexedora, Ánxela Fernández.

A primeira actividade programada será este mércores 23 de decembro na Praza do Calvario coa visita dobre do Apalpador, que estará acompañado por Os Monifates e o seu peculiar carromato, co que percorren as vilas coa importante misión de amosar o rica e variada música e instrumentación da cultura galega nun formato orixinal que conta coa participación dun variado elenco de bailaríns en forma de marionetas. Haberá sesión ás 16.30 e ás 17.45 horas. As persoas interesadas en participar deberán inscribirse previamente a través da web do Concello cun máximo de 3 persoas por inscrición.

O sábado 26 de decembro a animación continúa. Pola mañá, a partir das 11.00 horas, Os Carunchos percorrerá as rúas do Calvario coa súa música tradicional na que mesturan temas cantados da tradición oral co repertorio de gaiteiros solistas.

Xa pola tarde será a quenda de Uxía e o seu ‘Lume novo de Nadal’. A cantante chegará ás 20.00 horas ao Auditorio Municipal do Rosal para acender nestes tempos de incerteza un lume novo renovador a través de cantos tradicionais de Nadal para que axuden a todos os espectadores a coller novos folgos e revivir a alegría coa que se vivía este tempo antigamente. Un ambiente íntimo e doméstico sen moitos alardes técnicos para propiciar calor e proximidade, sempre seguindo as recomendacións e protocolos para garantir a seguridade de todos e todas. Necesaria inscrición previa na web do Concello.

A vindeira semana a programación continuará con máis actividades para todos os públicos. O luns 28 de decembro A Apalpadora de Iseo a Moura estará na Praza do Calvario ás 17h.

A programación preparada para este Nadal buscan tamén dinamizar o comercio local, levando aos rosaleiros e rosaleiras ás rúas e propiciando que realicen as súas compras no comercio de proximidade. Todas as actividades contarán con medidas de prevención como o aforo reducido, o mantemento das distancias de seguridade ou o uso de máscara, apostando así unha vez máis pola cultura segura.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí