Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O rosaleiro Cástor Rodríguez presenta as súas -Inquedanzas- no auditorio municipal

O autor, actual xuíz de paz e moi vencellado ao devir educativo e literario do Rosal, estará acompañado por Bieito Ledo e Antón Pulido. O sábado 14 de maio ás 19.30 horas

O autor, actual xuíz de paz e moi vencellado ao devir educativo e literario do Rosal, estará acompañado por Bieito Ledo e Antón Pulido. O sábado 14 de maio ás 19.30 horas

Etiquetas del contenido

Fecha: 14 de Mayo de 2022

Fuente: Concello do Rosal

O Rosal acolle un novo acto para dar a coñecer o traballo dun dos seus veciños. Cástor Rodríguez, actual xuíz de paz e docente de moitas xeracións de rosaleiros e rosaleiras no CPI Manuel Suárez Marquier, presenta este sábado 14 de maio ás 19.30 horas no auditorio municipal a súa última obra ‘Inquedanzas’. O acto, organizado por Ir Indo Edicións en colaboración co Concello do Rosal, contará coa presenza do propio autor, un persoeiro moi vinculado ao devir literario, educativo e cultural do municipio nas últimas décadas.

Durante a presentación, Cástor Rodríguez estará acompañado polo tamén escritor Bieito Ledo, director da editorial Galaxia ata o ano 1985, fundador dos Premios da Crítica de Galicia e creador de Ir Indo, o seu propio selo editorial, co que xa ten publicados máis de 600 títulos. O acto ademais contará coa presenza de Antón Pulido, pintor, gravador e xestor cultural, un artista comprometido con Galicia capaz de trasladar ese sentimento de amor á terra a todas as súas obras.

A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, que tamén participará no acto, convida a toda a veciñanza a acompañar a un veciño tan comprometido coa cultura e a educación rosaleira como Cástor Rodríguez na presentación da súa obra. O encontro será con entrada libre ata completar aforo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí