Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Xeodestino incorporará as achegas do tecido empresarial ao seu Plan de Sostibilidade Turística en Destino

Mantivo unha reunión con varias empresas do territorio para presentar as liñas de intervención do PSTD e recoller ideas e suxestións

Mantivo unha reunión con varias empresas do territorio para presentar as liñas de intervención do PSTD e recoller ideas e suxestións

Etiquetas del contenido

Fecha: 06 de Mayo de 2022

Fuente: Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño quere contar coa opinión e a participación do tecido social e empresarial na súa candidatura ao Plan de Sostibilidade Turística en Destino. Neste camiño, representantes do Xeodestino reuníronse con diferentes perfís do sector privado de todo o territorio para contar coa súa experiencia e visión da realidade e poder así incorporar ao plan ideas, suxestións ou necesidades que detecten no seu día a día.

Tratouse dun encontro moi produtivo na Axencia de Colocación de Mos no que representantes de nove entidades de diferentes sectores puideron coñecer de primeira man as liñas de intervención coas que contará o Plan de Sostibilidade Turística en Destino, que nesta convocatoria estará centrado na enogastronomía, un eido que funcionará como eixe vertebrador de todas as accións desenvolvidas nos 14 concellos do territorio e no que o Xeodestino ten un gran potencial. 

Entre as ideas a incorporar, os e as participantes salientaron a importancia de non esquecerse da gastronomía vinculada co mar, un elemento con importante atractivo a nivel turístico e que en ocasións pode quedar relegado a un segundo plano cando se fala do desenvolvemento ou gastronomía rural. O cambio de modelo turístico, a desestacionalización da tempada e a prolongación das estadías dos e das visitantes foi outra das cuestións abordadas durante o encontro, xa que, aínda que son aspectos que benefician ao sector botan en falta un maior traballo en rede que permita ofertar os mesmos servizos que durante a tempada alta.

O público máis novo e ofertas de lecer acordes para eles, a aposta polo produto local, a modernización e actualización dalgúns aspectos do sector ou paquetes turísticos diversificados foron outros dos temas postos enriba da mesa polas empresas participantes. Todas e todos os participantes salientaron a importancia de contar con ferramentas ao abeiro do propio plan que lles permitan desenvolver iniciativas xa maduradas e desenvolver proxectos sustentables e novidosos, como a restauración virtual de elementos patrimoniais a través da realidade aumentada para fomentar un turismo distinto e único.

Neste encontro participativo, representantes do Xeodestino e das empresas abordaron tamén o proceso de posibles axudas ao sector que recolle o Plan de Sostibilidade Turística en Destino, un instrumento financiado a través de fondos europeos Next Generation cos que dar pulo á transformación do territorio baseándose nun produto turístico sustentable. Neste sentido, os e as participantes tamén amosaron a súa preocupación por dispoñer de selos que certifiquen o compromiso das entidades por ser un destino sostible, puxeron enriba da mesa problemas como a mobilidade intradestino e destacaron a importancia de formar ás empresas sobre como vender de xeito adecuado o territorio ás persoas visitantes.

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño presentará a súa candidatura ao Plan de Sostenibilidade Turística en Destino antes do 17 de maio, un plan comedido, cun orzamento de 2,5 millóns de euros, axustado ao número de concellos e á poboación do territorio, con accións transversais centradas nunha transición verde e sostible, na mellora da eficiencia enerxética, na transición dixital e na competitividade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí