Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño pon en marcha un programa de formación en creación de experiencias turísticas

Serán 20 horas de formación presencial e en liña do 16 ao 30 de outubro. Para participar é preciso realizar inscrición previa

Serán 20 horas de formación presencial e en liña do 16 ao 30 de outubro. Para participar é preciso realizar inscrición previa

Etiquetas del contenido

Fecha: 12 de Octubre de 2023

Fuente: Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño continúa apostando pola formación para potenciar uns produtos e experiencias turísticas marcados por elementos diferenciais e de calidade. Do 16 ao 30 de outubro, organizará un programa de formación en creación de experiencias turísticas que ten como principal obxectivo mellorar as competencias dos equipos humanos das empresas turísticas do territorio para o deseño e creación de iniciativas que aproveiten o potencial dos activos do territorio e que logren un maior impacto emocional nas persoas que as consumen. 

As accións formativas serán gratuítas e terán 20 horas de duración en oito sesións, das que dúas serán presenciais e seis en liña. O curso comezará 0 16 de outubro na Axencia de Colocación de Mos de 16.00 a 20.00 horas achegando a todas as persoas participantes as diferentes fases do proceso de creación de experiencias turísticas.

Nos seguintes días as sesións serán en liña a través de Zoom. Así, os días 17, 18, 19, 24, 25 e 26 de outubro de 18.00 a 20.00 h, abordaranse cuestións como a cooperación empresarial, a diferenciación competitiva, a tecnoloxía e experiencias turísticas, o cálculo de custos e prezos, a comunicación e comercialización e o servizo de atención ao turista. O programa pecharase cun taller práctico tamén en Mos o 30 de outubro de 16.00 a 20.00 horas no que as empresas participantes aproveitarán os coñecementos adquiridos para conformar paquetes turísticos.

O programa formativo contará con 25 prazas e para a súa participación nel é preciso solicitar a inscrición previa enviando un correo electrónico ao enderezo formacion@riadevigobaixomino.gal co asunto ‘Inscrición formación experiencias’ e indicando nome e apelidos, nome da empresa, cargo, teléfono, enderezo electrónico, actividade principal da empresa e produtos ou servizos que comercializa.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí