Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Xeodestino segue apostando polo traballo en rede

Organiza o vindeiro 26 de setembro en Redondela a segunda edición do Workshop de empresas turísticas do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño

Organiza o vindeiro 26 de setembro en Redondela a segunda edición do Workshop de empresas turísticas do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño

Etiquetas del contenido

Fecha: 20 de Septiembre de 2022

Fuente: Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño segue apostando polo traballo en rede para potenciar uns produtos turísticos diferenciados e de calidade. Neste camiño, o vindeiro luns 26 de setembro organizará a segunda edición do Workshop de empresas turísticas, unha xornada coa que se busca poñer en contacto ás diferentes empresas turísticas co sector primario dos 14 concellos do xeodestino (A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Tomiño e Tui) de cara a impulsar sinerxías  que faciliten a creación de novos produtos turísticos e a promoción do territorio como destino.

O encontro será ás 18.00 horas no Pazo de Petán ou de Santa Teresa, en Redondela, e permitirá dar continuidade ao camiño iniciado con grande éxito en Tui o ano pasado. Neste taller as empresas participantes terán aproximadamente dúas horas nas que poderán establecer contactos comerciais con outros operadores turísticos do xeodestino, favorecendo así as colaboracións. Tamén poderán achegarse ademais a outras empresas do sector primario, tentando abrir así espazos para artellar novas experiencias turísticas.

Un encontro no que ir coñecéndose para crear alianzas que dean forma á Ría de Vigo e Baixo Miño como destino turístico. Tras o workshop servirase un cocktail de degustación amenizado cunha actuación musical no que as persoas participantes poderán seguir intercambiando impresións.

As persoas e entidades interesadas en participar poderán inscribirse a través dun formulario web   antes do venres 23 de setembro.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí