Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ORPAGU y Editorial Galaxia organizan el III Concurso de relatos Homes e Mulleres do Mar

Prazo para participar ata o 30 de abril, de 10 a 12 anos.

Prazo para participar ata o 30 de abril, de 10 a 12 anos.

Fecha: 31 de Marzo de 2018

Fuente: ORPAGU

III CONCURSO DE RELATOS "HOMES E MULLERES DO MAR"
 
A Organización de Productores Palangreros Guardeses en colaboración con la Editorial Galaxia,con desexo de promocionar a literatura galega e iniciar aos mais cativos no   mundo literario,convoca a terceira edición do CONCURSO DE RELATOS "HOMES E MULLERES DO MAR".
 
Este premio poderá ser alcanzado por todos os autores e autoras cun relato curto escrito en lingua galega concorde coa idade, tema e valores sinaladas nas bases do concurso excepto aspersoas gañadoras de edicións anteriores.
IDADE
 De 10 a 12 anos.
TEMA
 "Homes e mulleres do mar"
PARTICIPANTES
 Nenos e nenas de 10 a 12 anos de toda Galicia.
 As persoas premiadas non poderán ser premiadas en dúas edicións consecutivas.
MODALIDADE E CATEGORÍAS DOS RELATOS
 Unha única modalidade na que inclúa o idioma Galego.
 Cada participante so poderá presentar un escrito.
 Os traballos presentados terán unha extensión mínima de dous folios e máxima de seis.
 Formato habitual (Arial 11) a dobre espazo e por unha sola cara (en formato papel).
 Deberán ser orixinais e inéditos, polo que non se terán en conta aqueles que se haxan
presentado e premiados en outros concursos.
 Os traballos presentados deberán ser de ficción, polo que o xurado non admitirá
ensaios ou redacción sobre o tema proposto.
ENTREGA DOS RELATOS
 Os relatos en formato papel presentaranse na oficina da Organización de Palangreiros
Guardeses (OR.PA.GU.) na dirección calle Manuel Álvarez, 16 (baixo), C.P.36780 A
Guarda (Pontevedra) en horario de 09.00 h a 15.00 horas de luns a venres.
 Os relatos entregaranse en formato papel dentro dun sobre cerrado, POR TRIPLICADO
e sen asinar.
 Axuntarase outro sobre cerrado que conterá no seu interior nome e apelidos, idade,
dirección, correo electrónico e teléfono do autor.
 No exterior de ambos sobres deberá constar a referencia do concurso "Homes e
mulleres do Mar" e titulo da obra.
PRAZO DE ADMISIÓN
 Dende o 01 de Abril ata o 30 de Abril.
PREMIOS
 Unha Tablet, un galardón e un lote de libros da Editorial Galaxia.
 A entrega do premio será nun acto que se celebrará o día 02 de Xuño do 2018.
XURADO
Teremos o privilexio de contar cos seguintes escritores, que valorarán a orixinalidade que
propoñan os relatos presentados, así como un estilo e calidade narrativa.
Sonia Mirón. Profesora de Lingua e Literatura na ESO e titora na UNED. Gañadora dun accésit
na categoría de relatos curtos no premio "Leopoldo Alas" (2005) e publicou varios microrelatos
en antoloxía. Tamén e autora de varias entrevistas e reseñas para diferentes publicacións.
Francisco Castro Veloso: Director da Editorial Galaxia, escritor e gañador de varios premios
como son Frei Martín Sarmiento, 13º Premio de Novela por Entregas de a La Voz de
Galicia, Pluma de Prata no I Certame de Xornalismo de Opinión Raimundo Domínguez, Mellor
libro infantil para os lectores da web Fervenzas Literarias, finalista do Premio Fundación Caixa
Galicia de literatura xuvenil no 2007, Premio García Barros no 2007, Premio Blanco Amor no
2006, Premio Modesto R. Figueiredo de narracións breves no 2005, Premio Rosa Reboredo de
Narrativa da Asociación Cultural Galega de Cornellà no 2005, Premio xornalístico Manuel
Reimóndez Portela, Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey no 1997.
Fátima Pérez Sobrino: Filóloga hispánica da localidade de A Guarda.
FALLO
 Será publicado o día 14 de Maio do 2018, na páxina web da Organización de
Palangreiros Guardeses (http://www.orpagu.com)
OBSERVACIÓNS
 Para calquera consulta sobre o concurso ou as súas bases, pode dirixirse a seguinte
dirección de correo electrónico: concursorelatosorpagu@gmail.com
 A Organización reservase os dereitos de reprodución gratuíta dos relatos presentados,
citando sempre o nome e apelidos do autor ou autora.
 As obras serán validadas pola organización do concurso, reservándose o dereito de
non facer públicas aquelas obras que se consideren non adecuadas ao espírito do
concurso por diversos motivos, como pode ser por contido ofensivo.
 As obras non premiadas serán arquivadas ou destruídas pola Organización, garantindo
así que non se fará ningún uso indebido do seu contido. Se o autor/a o indicase
expresamente no momento da inscrición, devolverase a súa copia.
 O feito de participar supón a total aceptación das presentes bases, así como a decisión
do xurado.
 A Organización queda facultada para resolver calquera continxencia non prevista nas
bases.
 A Organización de Palangreiros Guardeses, en cumprimento da Lei Orgánica 15/1999,
do 13 de Decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informa que os datos
persoais que Vd. nos proporciona, serán engadidos no ficheiro "CONCURSO DE
RELATOS HOMES E MULLERES DO MAR", titularidade de esta entidade, que a
finalidade e xestionar, difundir e fomentar o interese cultural e social organizado por
ORPAGU no ámbito das súas competencias.
 Se o desexan poden exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e
oposición dirixíndose á oficina de Orpagu en A Guarda, calle Manuel Álvarez, número
16 - baixo.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones