Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Os 35 concellos da provincia que gozan do servizo de padrón electrónico verán optimizadas as prestacións co novo contrato que vai licitar a Deputación

Un investimento de 242.000 euros blindará a seguridade dos datos e multiplicará a velocidade dos servidores

Un investimento de 242.000 euros blindará a seguridade dos datos e multiplicará a velocidade dos servidores

Etiquetas del contenido

Fecha: 15 de Noviembre de 2021

Fuente: Deputación de Pontevedra

O padrón electrónico acabou cos expedientes de papel e fixo posible a realización de máis de 260.000 xestións sen necesidade de desprazamento por parte da veciñanza

 

Servidores aínda máis rápidos e melloras na seguridade dos datos en cumprimento do Esquema Nacional de Seguridade son algúns dos cambios que van chegar co novo contrato para a prestación do padrón electrónico que a Deputación porá en marcha este febreiro próximo, catro anos despois da posta en marcha dun servizo que, xunto coa plataforma de Administración Electrónica brindada tamén pola Deputación, revolucionou o funcionamento interno dos pequenos e medianos concellos da provincia. O procedemento de licitación xa está en marcha.

 

O novo padrón electrónico foi presentado esta semana aos concellos adheridos polo deputado Carlos Font, e a deputada, Ana Mejías, nunha xuntanza celebrada en formato telemático e na que participaron tódolos municipios cos seus técnicos/as responsables, ademais de 14 alcaldes/as e tenentes de alcalde/sa que mostraron o seu interese para a adhesión: A Illa de Arousa, Catoira, Fornelos, Marín, Meis, Pazos de Borbén, Redondela, Ribadumia, Salceda, Salvaterra, Soutomaior, Cuntis, Mos e O Rosal. Entre eles tamén estaba o Concello de Barro, que se atopa formalizando os trámites para adherirse.

 

Carlos Font expresou a súa satisfacción polos logros acadados nos catro anos transcorridos dende a posta en marcha deste novo xeito de tramitar o padrón de habitantes, prescindindo dos expedientes en papel e apostando decididamente polo formato electrónico. Neste tempo emitíronse un total de 261.559 certificados en sede electrónica, mentres que outros 273.104 foron emitidos en formato presencial utilizando a tecnoloxía brindada pola Deputación. É dicir, que case o mesmo número de persoas obtiveron o seu certificado (documento habitual para numerosos trámites administrativos) sen necesidade de desprazarse.

 

O sistema tramitou nestes catro anos 42.367 altas e 36.596 baixas nos padróns dos concellos. Outras 39.150 persoas comunicaron modificacións dos seus datos persoais. Houbo 22.987 cambios de  domicilio e  23.597 rectificacións de domicilio. Finalmente, deuse curso a 4.339 renovacións de estranxeiros/as. Este importante volume de actividade foi posible porque o sistema xestiónase, ao igual que o servizo de Administración Electrónica, cun modelo na nube. Deste xeito evítase ademais que os concellos teñan que afrontar gastos informáticos tanto en hardware como en software, dado que o único requisito é dispoñer dun ordenador con acceso á Internet. Outra vantaxe é a rapidez na implantación da solución, dado que non é necesaria instalación inicial nos equipos e, finalmente, a actualización aos cambios normativos é automática.

 

A Deputación asume o 75% do custo

Unha vez adxudicado o novo contrato á empresa tecnolóxica que resulte gañadora do procedemento, a Deputación soportará o 75% do custo, polo que os concellos que asinen o convenio deberán achegar o 25% restante. Así o baremo das achegas municipais oscilará, en función da poboación dos concellos, entre os 500 euros anuais para os municipios de menos de 5.000 habitantes e os 3.000 euros que corresponden aos que están entre os 30.001 e os 50.000.

 

Font concluíu a xuntanza celebrada cos concellos asegurando que a Deputación aposta por manter un servizo que deu uns resultados óptimos e por iso continúa coa decisión de costear o 75% do custo do novo contrato “dentro do noso modelo de garantir os servizos en todo o territorio con proxectos globais e repartidos con criterios obxectivos”. “O diñeiro público“, rematou, “utilízase para asegurar os mesmos dereitos ao conxunto da cidadanía, viva onde viva e goberne quen goberne”.

 

Ata o de agora o padrón electrónico proporcionado pola Deputación está implantado nos concellos da Cañiza, A Estrada, Agolada, A Guarda, A Lama, As Neves, Arbo, Baiona, Bueu, Campo Lameiro, Cangas, Covelo, Crecente, Cuntis, Forcarei, Gondomar, Lalín, Mondariz, Mondariz-Balneario, Meaño, Moaña, Moraña, Oia, O Grove, O Rosal, Ponte Caldelas, Ponteareas, Portas, Sanxenxo, Silleda, Tomiño, Tui, Vila de Cruces, Valga e Vilaboa.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí