Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Os concellos de Pontevedra recibirán más de 300.000 euros dos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero

Os municipios deberán destinar os fondos que reciban á realización de actuacións e execucións de programas contra a violencia de xénero.

Os municipios deberán destinar os fondos que reciban á realización de actuacións e execucións de programas contra a violencia de xénero.

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Diciembre de 2020

Fuente: SubDelegación do Goberno en Po

Os 61 concellos da provincia de Pontevedra recibirán 309.602,43 euros dos fondos para o desenvolvemento do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero. Os municipios deberán dedicar estas partidas, que serán transferidas pola Secretaría de Estado de Igualdade, á realización de actuacións e execucións de programas dirixidos á erradicación da violencia de xénero no marco das súas competencias.


O criterio para o reparto dos fondos contempla, por unha parte, unha cantidade fixa para cada localidade –sen ter en conta a súa poboación–, que desde o ano 2020 alcanzará os 1.000 euros, e outra contía fixa –en función da poboación do municipio– que se sitúa en 0,18 euros por habitante. Amais, o remanente que exista logo de aplicar os criterios anteriores, distribuirase proporcionalmente entre todos os municipios incorporados ao Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero (Sistema Vioxén) do Ministerio de Interior. Así mesmo, e como novidade desta convocatoria, parte deste remanente repartirase tamén entre os municipios nos que estean empadroadas vítimas usuarias do servizo telefónico de Atención e Protección para vítimas da violencia de xénero (ATENPRO).


De esta forma, Vigo será o municipio da provincia que máis diñeiro reciba, xa que ingresará 56.138,58 euros, seguido de Pontevedra que contará con 17.918,28 euros e Vilagarcía de Arousa que disporá de 9.715,14 euros.


A subdelegada do Goberno subliñou que estas transferencias “evidencian a importancia da implicación de todas as administracións para loitar contra esta eiva social. Os concellos desenvolven un papel fundamental na prevención e loita contra todas as formas de violencia sobre a muller, xa que son a administración máis próxima á cidadanía”.


Larriba explicou tamén os novos criterios de asignación dos fondos, que buscan favorecer, en particular, aos municipios de menor poboación, de xeito que poidan recibir unha cantidade que facilite a execución das medidas do Pacto de Estado. “Son moitas as localidades pequenas que atenden a vítimas, aínda que dispoñen de menos medios. O aumento da contía fixa por municipio busca compensar o seu esforzo e dotalas dos recursos necesarios para loitar contra esta lacra”, concluíu.


Os programas financiados con cargo a estes fondos deberán executarse entre o 1 de xullo de 2020 e o 30 de xuño de 2021. En total, as entidades locais españolas recibirán 20 millóns de euros para a loita contra a violencia de xénero neste exercicio.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí