Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Os concellos do Baixo Miño incluídos na Zona de Especial Vixilancia ante os novos focos de gripe aviar

Calquera sospeita de influenza aviaria nas aves da explotación tamén deberá ser comunicada aos Servizos Veterinarios Oficiais da Consellería do Medio Rural

Calquera sospeita de influenza aviaria nas aves da explotación tamén deberá ser comunicada aos Servizos Veterinarios Oficiais da Consellería do Medio Rural

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Noviembre de 2020

Fuente: Xunta de Galicia

Tras a detección recente de focos de Influenza Aviaria de Alta Patoxenicidade (IAAP) tanto en aves silvestres como en aves domésticas en Europa -nomeadamente en Países Baixos, Alemaña, Reino Unido, Irlanda, Dinamarca e Bélxica- o Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación vén de elevar a alto o nivel de risco de aparición desta enfermidade nas zonas de especial risco (ZER), e a moderado nas zonas de especial vixilancia (ZEV).

 

Así, en virtude da Orde APA/2442/2006, de 27 de xullo, pola que se establecen medidas específicas de protección en relación coa influenza aviaria, deben implementarse unha serie de medidas de protección nas zonas de especial risco (ZER) de aparición da Influenza aviaria (Gripe aviar). Trátase, en Galicia, dos concellos do Grove, Sanxenxo, Meaño, Ribadumia, Cambados, Vilanova de Arousa e A Illa de Arousa, aos que xa se informou dende o servizo provincial de Gandería en Pontevedra da Consellería do Medio Rural.

As medidas de protección que deben adoptarse nestes concellos son as seguintes:

 

  • Prohíbese a cría de aves ao aire libre: todos os propietarios de aves deben recluír as súas aves en instalacións pechadas a cuberto. Se isto non fora posible por non dispoñer desta instalacións, poderíase autorizar o mantemento das aves no exterior sempre que existan teas paxareiras ou calquera outro dispositivo que impida o acceso de aves silvestres e sempre que se alimente e se dea de beber ás aves domésticas no interior das instalacións ou cubertos que impidan a chegada de aves silvestres e que estas non teñan contacto ca auga ou alimento destinados ás aves domésticas.

 

  • Prohíbese a cría de parrulos, gansos ou ocas con outras especies de aves de curral.

 

  • Prohíbese darlles ás aves de curral auga procedente de depósitos superficiais, fontes ou outras orixes ás que puideran ter accedido aves silvestres.

 

  • Os depósitos de auga e alimento que puidera haber no exterior para as aves domésticas deberán ser protexidos para impedir que poidan acceder as aves silvestres.

 

  • Quedan tamén prohibidas as concentracións de calquera tipo, comercial ou non, tanto de aves de curral como doutras aves distintas ás de curral (p. ex. aves ornamentais e similares).

 

  • Queda prohibido o uso de reclamos de caza con aves do tipo anátidas (parrulos e similares) e charadriiformes (gaivotas e similares).

 

  • É obrigatoria a inscrición dos currais familiares nun rexistro administrativo que conterá exclusivamente os seguintes datos.

o   Identificación do propietario e enderezo da explotación.

o   Número habitual de aves e especie ou especies á que pertencen.

o   Sistema de cría: pechado (se nunca saen ao exterior), aberto (están permanentemente no exterior ou mixto (as aves saen ao exterior e dormen no interior).

 

  • Calquera sospeita de influenza aviaria nas aves da explotación deberá ser comunicada aos Servizos Veterinarios Oficiais, directamente ou a través do veterinario da explotación se o tiveran. Actuarase igualmente no caso de sospeita en aves silvestres.

 

A Consellería do Medio Rural xa puxo á disposición dos concellos afectados aos servizos veterinarios oficiais a través das Oficinas Agrarias Comarcais para contribuír no que sexa necesario ao cumprimento destas medidas.

 

Canto aos concellos de especial vixilancia (ZEV), as medidas a tomar son as seguintes:

 

  • Está prohibida a presenza de aves de curral en centros de concentración de animais (feiras, mercados gandeiros e similares).
  • Os titulares de explotacións avícolas non comerciais deben anotarse nun rexistro administrativo, no que figurará:
  • Identificación do propietario e enderezo da explotación.
  • Número habitual de aves e especie ou especies á que pertencen.
  • Sistema de cría: pechado (se nunca saen ao exterior), aberto (están permanentemente no exterior ou mixto (as aves saen ao exterior e dormen no interior).
  • Calquera sospeita de influenza aviaria nas aves da explotación tamén deberá ser comunicada aos Servizos Veterinarios Oficiais da Consellería do Medio Rural directamente ou a través do veterinario da explotación se o tiveran. Igualmente no caso de sospeita en aves silvestres detectadas na explotación.

 

En todo caso, son recomendables as restantes medidas sinaladas para zonas ZER.

 

Os concellos galegos incluídos na zona ZEV son os seguintes: Dumbría, Mazaricos, Ortigueira, Porto do Son, Ribeira, Vimianzo e Zas na provincia da Coruña; Ribadeo e Trabada na provincia de Lugo; Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Vilar de Santos e Xinzo de Limia na provincia de Ourense e A Guarda, Marín, Meis, Moaña, Poio, Pontevedra, Redondela, O Rosal, Soutomaior, Tomiño, Tui, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa na provincia de Pontevedra.

 

Cabe sinalar que a Consellería do Medio Rural mantén os protocolos de vixilancia establecidos no Programa de Vixilancia da Influenza Aviaria a nivel estatal, que se levan a cabo anualmente.

 

Dada a existencia de focos nos citados países nunha época de intensa actividade migratoria de determinadas especies de aves silvestres, a Consellería do Medio Rural informou puntualmente a todos os departamentos implicados no programa de vixilancia co fin de manter o nivel de alerta, sobre todo no compoñente de vixilancia pasiva tanto en aves domésticas como en silvestres.

 

Do mesmo xeito, informouse da alerta a todas as entidades representativas do sector avícola (integradoras, Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeiras, etc.), co obxecto de que as explotacións tomaran as medidas sinaladas e incrementaran a vixilancia.

 

Tamén continúa en funcionamento a recepción de comunicacións por calquera cidadán da detección de aves de calquera especie que presenten sintomatoloxía compatible.

 

A nivel de explotacións avícolas domésticas, continúase a executar o programa de vixilancia activa no número de explotacións avícolas asignado a Galicia polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación en 2020. Deste xeito, á data actual sometéronse a control sanitario oficial en diversas explotacións avícolas que foron previamente seleccionadas en función dos criterios de risco establecidos, fundamentalmente relacionados co posible contacto con aves migratorias, principal vector de transmisión desta enfermidade.

 

Todos os resultados laboratoriais ata a data resultaron negativos.

 

Por outro lado, continúase co rexistro administrativo de currais familiares que pola súa propia natureza de finalidade de autoconsumo, non teñen obriga de estar rexistrados.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí