Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

OS PREMIOS ESCOLARES -SEPAREMOS BEN, RECICLAREMOS MELLOR- RECAEN NOS COLEXIOS AS SOLANAS DA GUARDA E NOSA SEÑORA DA ASUNCIÓN DE SARRIA

Trátase dunha das iniciativas dentro das liñas de actuación que promove Sogama, co ánimo de informar, formar e concienciar á poboación galega na mellor xestión dos residuos urbanos

Na imaxe, o traballo realizado polos alumnos do Colexio As Solanas

Fecha: 15 de Junio de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de fallar os premios do concurso escolar Separemos ben, reciclaremos mellor, (promovidos conxuntamente coa Sociedade Galega do Medio Ambiente, Sogama) que nesta edición recaeron no colexio plurilingue As Solanas do Concello da Guarda e no Colexio de Nosa Señora da Asunción en Sarria. Esta iniciativa conta coa colaboración de Ecoembes, Ecovidrio e os sistemas integrados de xestión de pilas (Ecopilas, Ecolec e ERP).

O xurado, formado por portavoces das entidades que impulsan e cooperan nesta iniciativa, valorou que os traballos e axustaran ao obxectivo de informar, formar e concienciar á poboación galega na mellor xestión dos residuos urbanos, perseguindo con isto o incremento das taxas de reciclado na comunidade galega.

O centro de Baiona foi premiado polo seu traballo Segunda vida- Don Quixote. Os estudantes de terceiro curso de primaria deste centro decidiron realizar, entre outras actividades, unha específica sobre a recollida selectiva. Para isto debuxaron sobre uns grandes cartóns as personaxes da novela máis destacada da literatura española universal (D. Quixote, Dulcinea, Sancho Panza e un muíño de vento) adxudicando a cada un deles un contedor específico.

A D. Quixote tocoulle o amarelo, destinado a albergar os envases de plástico, as latas e os briks; a Dulcinea, o azul, para os envases de cartón e papel; a Sancho Panza, o verde convencional, que acolle a fracción resto; e ao muíño de vento, o iglú verde, para a recollida de envases de vidro. A posteiori, puxeron diante de cada un deles unha caixa de cartón, axustando na mesma unha bolsa da mesma cor.

Por último, uniron as personaxes facendo unha estrutura de cubo e de cuxo centro emerxeu unha árbore chea de lixo que espera a súa segunda vida. A súa obra de arte preside a entrada do colexio. O Xurado valorou positivamente a conexión entre as boas prácticas en materia de reciclaxe e o mundo da literatura que os alumnos trasladaron coa materialización desta actividade. Na imaxe, o traballo realizado polos alumnos do Colexio As Solanas.

No caso de secundaria, o recoñecemento recaeu no colexio plurilingüe Nosa Señora da Asunción de Sarria (Lugo), pola presentación do traballo Abre os ollos, co que se pretendía representar a realidade do mundo no que vivimos, así como os actos que inconscientemente acentúan a súa destrución.

Nese sentido, o obxectivo da iniciativa é poñer de relevo a importancia que ten sensibilizar á cidadanía en torno á correcta xestión dos residuos urbanos.

Caixas de cartón, recortes de cartolinas e folios usados noutros traballos, ademais de botellas de plástico recortadas e moldeadas con calor para fabricar as follas da árbore, e recortes de caixas de aluminio coas que se plasmaron as fábricas e a estrada, constitúen exemplos dalgúns dos materiais reutilizados nesta iniciativa.

Os mozos tamén recolectaron paus, herbas e pedras para compoñer o tronco da árbore e o chan, así como tapóns e recortes de cartolina para simular a contaminación e as flores. Naq imaxe, o mural realizado polos alumnos de secundaria do colexio de Sarria.

 

Como premio polos traballos presentados e destacados, ambos centros recibiron senllos vales por un importe de 700 euros, canxeables por material didáctico e escolar. Asemade, os estudantes autores das representacións (tres alumnas de primaria e outras tres de ESO), fixéronse cada unha delas cun e-book, no caso de primaria, e unha mini-tablet, no caso de secundaria.

Tamén houbo recompensa para os segundos e terceiros traballos nas mesmas categorías. No caso de primaria, Vivimos como abellas, presentado polo CEIP Sobreira- Valadares no Concello de Vigo acadou o segundo premio e O meu organizador, presentado polo centro de ensino de Ferrol, Almirante Juan de de Lángara e Huarte, foi distinguido co terceiro premio. Triángulo de Sierpinski do IES de Beade e Termo do IES da Pobra do Caramiñal, acadaron o segundo e terceiro premios, respectivamente, na categoría de ensino secundario.

Esta convocatoria de premios foi lanzada a finais do pasado ano, dirixiuse a todos os centros galegos de primaria e secundaria, encomendándolles a elaboración de obras de arte a partires de materiais de refugallo. Con isto, e máis aló de que os seus alumnos puideran comprobar por si mesmos as múltiples aplicacións e posibilidades deste tipo de materiais, pretendíase dar renda solta á súa imaxinación, á vez que se apostaba pola innovación.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones