Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Os Reis Magos ofrecerán unha recepción o próximo martes no Teatro Municipal deTui

Será preciso reserva previa de entrada en tui.gal dende hoxe ás 19h. Establécense 110 quendas dun máximo de 4 persoas por quenda.

Será preciso reserva previa de entrada en tui.gal dende hoxe ás 19h. Establécense 110 quendas dun máximo de 4 persoas por quenda.

Etiquetas del contenido

Fecha: 30 de Diciembre de 2020

Fuente: Concello de Tui

Os Reis Magos de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar, estarán o próximo martes, 5 de xaneiro, en Tui.

Este ano debido á pandemia da COVID 19 non se celebrará a tradicional Cabalgata Internacional da Eurocidade Tui-Valença. De todos os xeitos as súas maxestades de Oriente chegarán en tren até a Eurocidade realizando un percorrido máxico por Valença e Tui que se poderá visualizar nun vídeo que o luns, día 4, á noite se difundirá a través das redes sociais e a web municipal.

Os Reis Magos volverán repartir maxia e ilusión o martes día 5, e compartir uns momentos cos cativos e cativas que se acheguen ao Teatro Municipal de Tui. De 16 a 19.30 h terá lugar no teatro tudense a recepción real para a que será preciso reservar previamente entrada de forma gratuíta en tui.gal dende hoxe ás 19 h. Cada entrada dará acceso a un máximo de 4 persoas, e establécense cinco quendas cada 10 minutos, cun total de 110 quendas ao longo da tarde. No momento de facer a reserva débese cubrir o nome e apelidos e teléfono de contacto de cada unha  das persoas asistentes. A recepción contará cun estrito protoloco anticovid. Á chega á Area Panorámica os paxes reais e o persoa municipal irán conducindo aos asistentes no circuíto establecido até o interior do teatro onde dende as escadas que dan acceso ao escenario os cativos poderán saudar con distancia a Melchor, Gaspar e Baltasar e fotografarse con eles. Recoméndase acudir ao Teatro con 10 minutos de antelación sobre a hora fixada na entrada para evitar aglomeracións. No vestíbulo será preciso a desinfección de mans con hidroxel e lémbrase o uso obrigatorio de máscara para os maiores de 6 anos.

O escenario do Teatro Municipal transformarase cunha decoración especial para unha cita tan destacada coma esta recepción de Melchor, Gaspar e Baltasar. Amais as carrozas reais permanecerán estacionadas na parte peonil do Paseo da Corredoira.

Cómpre lembrar que Tui continúa en peche perimetral e que conta cun nivel de restricións medio-alto que inclúe entre outras cuestións agrupacións máximo de 4 persoas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí