Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Os Reis Magos recibirán aos nenos e nenas no Teatro Municipal de Tui

É preciso reservar entrada e os maiores de 12 anos deberán presentar certificado COVID

É preciso reservar entrada e os maiores de 12 anos deberán presentar certificado COVID

Etiquetas del contenido

Fecha: 05 de Enero de 2022

Fuente: Concello de Tui

Os Reis Magos recibirán este mércores, 5 de xaneiro, aos nenos e nenas no Teatro Municipal de Tui.  Hoxe luns ás 20 h abrirase a reserva de entradas a través da web www.tui.gal.  Melchor, Gaspar e Baltasar recibiran aos pequenos e pequenas este mércores, 5 de xaneiro, de 11.30 h a 13.30 h e de 16.00 h a 19.00 h. Establécense quendas de entrada cada 10 minutos, admitíndose un máximo de 6 grupos por quenda estando composto cada grupo por un máximo de 5 persoas da que coma mínimo 1 debe ser unha persoa adulta.  Recoméndase acudir cunha antelación de 10 minutos sobre a hora fixada na entrada.

A recepción contará cun protocolo covid de tal xeito que o acceso tanto ao vestíbulo do teatro coma ao patio de butacas realizarase de forma escalonada. No acceso a todas as persoas maiores de 12 anos requiriráselles a presentación do certificado covid de ter a pauta de vacinación completa, ou certificado de proba diagnóstica – test de antíxenos ou PCR negativa, ou certificado de ter superado a enfermidade.  Será obrigatorio o uso de máscara para as persoas maiores de 6 anos así coma o a desinfección de mans con hidroxel. En todo momento deberase seguir o percorrido de acceso establecido pola organización. Durante a recepción os nenos e nenas manterán a distancia de seguridade cos Reis Magos, e as persoas adultas que os acompañan poderán tomar fotografías dende o patio de butacas.   Doce paxes acompañarán aos nenos nesta recepción real.

Por outra parte a tradicional cabalgata polas rúas do centro urbano non terá lugar este ano debido á previsión de choiva e á actual situación sanitaria. Xa hai semanas que quedou descartada a Cabalgata Internacional que cada ano celebra a Eurocidade con saída dende Valença e chegada a Tui, debido ás restricións establecidas no país veciño.  Mantívose até o último momento a posibilidade do percorrido polas rúas tudenses dos Magos de Oriente e a súa comitiva, pero esta opción vén de ser tamén descartada. De todos os xeitos aquelas persoas que o desexen poderán ver as carrozas elaboradas polas asociacións Aloia de Pazos de Reis, Arume de Malvas, Lembranzas da Terra de Guillarei e Xuntanza de Randufe que estará situadas na rúa Ourense a partir das 17 h deste mércores, 5 de xaneiro.

A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, sinala que “este ano de novo houbo que adaptar a visita dos Reis Magos ás actuais circunstancias derivadas da pandemia”. Engade que “con todas as medidas de seguridade os nenos e nenas poderán vivir a maxia de saúdar a Melchor, Gaspar e Baltasar no Teatro Municipal”. Sonsoles Vicente agarda que para 2023 a situación permita recuperar a tradicional Cabalgata Internacional con Valença, un dos actos destacados desta Eurocidade Tui-Valença.  

Dende o Concello de Tui amósase o agradecemento a todas as persoas que fan posible esta actividade dende os membros da Policía Local e Protección Civil, empregados municipais, a Asociación Scouts Alhoia, ás asociacións culturais Aloia de Pazos de Reis, Arume de Malvas, Lembranzas da Terra de Guillarei e Xuntanza de Randufe

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí