Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Paloma Castro considera prioritario abrir á mocidade o PSdeG na provincia de Pontevedra

A candidata á Secretaría Xeral do PSdeG de Pontevedra reivindica unha aposta por políticas de emprego, vivenda e formación para atraer á xente nova

A candidata á Secretaría Xeral do PSdeG de Pontevedra reivindica unha aposta por políticas de emprego, vivenda e formación para atraer á xente nova

Etiquetas del contenido

Fecha: 12 de Enero de 2022

Fuente: PSdeG

Paloma Castro, candidata á Secretaría Xeral do PSdeG na provincia de Pontevedra, propuxo hoxe reforzar as políticas cara á mocidade no seo do PSdeG da provincia de Pontevedra para atraer a xente nova ao partido.

 

“É prioritario abrir o PSdeG na provincia de Pontevedra á mocidade”, sentenciou a socialista, despois de manter, no marco dos encontros da campaña de Primarias, unha xuntanza con mozas e mozos do partido na provincia.

 

“É imprescindible atraer á xente nova ao partido para ampliar e renovar a nosa base social”, sinalou. “Temos que conseguir atraer á mocidade e converter ao PSdeG nun referente que loita polos seus dereitos”, incidiu, e para iso “temos que preocuparnos máis polos seus problemas e darlles respostas”.

 

Así, a candidata socialista sinalou que “o principal problema da xente nova é a falla de posibilidades de futuro en Galicia que lles obriga a ter que emigrar a outros territorios para poder buscar un futuro mellor, unha cuestión que é intolerable e temos a obriga de reverter”, destacou.

 

“TRABALLAR POR COMBATER A PRECARIEDADE”

 

“É fundamental priorizar as políticas de emprego e traballar por combater a precariedade, a temporalidade e mellorar os salarios para dar condicións de futuro dignas aos nosas mozas e mozas, xa que teñen dereito a desfrutar dunha vida plena tamén na nosa terra”, sentenciou.

 

Nesta liña, Castro pediu tamén abordar as políticas de vivenda como prioridade, enfocadas para facilitar o acceso á vivenda ou ao aluguer, xa que “agora mesmo a situación impide que a mocidade poida independizarse”. “Só un 18% das mozas e mozos viven emancipados das súas familias, o cal está moi lonxe dos datos doutros países europeos”, destacou.

 

Ao fío disto, a socialista tamén urxiu unha aposta pola educación pública de calidade, tanto a través da “potenciación” da formación universitaria como do desenvolvemento dos sistemas de Formación Profesional que permitan “darlle futuro” a xente nova.

 

OS SUICIDOS ENTRE A XENTE NOVA, UN “GRAVÍSIMO” PROBLEMA QUE “DESTAPOU A COVID”

 

Por último, Castro amosou a súa preocupación polo “enorme incremento” do número de suicidios entre a mocidade, que “xa son a principal causa de morte da xente nova no noso país” na franxa de idade de 15 a 29 años, segundo os datos do INE. “A pandemia destapou un gravísimo problema na nosa sociedade no que temos a obriga de traballar dende PSdeG”, concluíu.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones