Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Paso adiante do socialismo do Baixo Miño, Condado e Paradanta na loita contra o fango na política e no apoio a Pedro Sánchez

Multitudinaria asemblea comarcal en Tui na que cargos e militancia conxuráronse fronte a unha dereita entregada aos bulos, mentres España bate records de emprego e crecemento económico en Europa

Multitudinaria asemblea comarcal en Tui na que cargos e militancia conxuráronse fronte a unha dereita entregada aos bulos, mentres España bate records de emprego e crecemento económico en Europa

Etiquetas del contenido

Fecha: 08 de Mayo de 2024

Fuente: PSdeG-PSOE

O secretario xeral do PSdeG-PSOE na provincia, David Regades, liderou en Tui o encontro de cargos e militancia do Baixo Miño e do Condado-A Paradanta, para trasladar o agradecemento polo decidido apoio a Pedro Sánchez e reafirmarse na defensa da Democracia e do Estado de Dereito fronte “a estratexia de bulos e mentiras da dereita á que temos que contestar con máis dereitos e falando coa xente para que saiba o que está ocorrendo”.

Regades, xunto a deputados/as nas Cortes Xerais, no Parlamento galego e na Deputación, así como alcaldes e alcaldesas, concelleiros/as de Tui, Tomiño, A Guarda, Oia, A Cañiza, O Porriño ou Salvaterra, trasladou, “a emoción polo apoio ao presidente Pedro Sánchez “ante os gravísimos ataques que está sufrindo” e mostrar orgullo ante “a unidade e a forza que temos que é o mellor que ten o partido”. “E todo isto sucede mentres España lidera tódolos indicadores de crecemento económico en Europa e o país bate records de emprego, non só en número de cotizantes á Seguridade Social, senón en termos de calidade do emprego”.

O secretario xeral subliñou na asemblea a intención de “arroupar cada vez máis á nosa militancia e ás agrupacións socialistas nun momento no que, amais, os datos macroeconómicos son espléndidos que é precisamente o que intentar agochar a dereita con esta campaña de infamia”.  Regades alentou a “seguir esforzándonos na próxima cita electoral das europeas para escoller o modelo da Europa Social e traballar arreo para as vindeiras municipais e seguir sendo a provincia más socialista de Galicia onde gobernamos a medio millón de persoas fronte ás 200.000 do PP”.

Pola súa banda, o alcalde de Tui Enrique Cabaleiro lamentou “a crispación que vive a sociedade e os perigos das mensaxes da dereita que tanto dano están a causar na xente máis nova”, alentou a combater as mentiras “aínda que sexa difícil”, e remarcou que “á xente que non atopa respostas ten que saber que somos o modelo que permitiu o progreso de España e de Europa”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí