Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Paz Larrumbide, de Vitoria, gaña o primeiro premio do Certame de Pintura Antonio Fernández, celebrado en Goián (Tomiño)

As obras estarán expostas no Centro Goianés (do 21 ao 28 de agosto) e no Mercado Municipal, a partir do día 29

As obras estarán expostas no Centro Goianés (do 21 ao 28 de agosto) e no Mercado Municipal, a partir do día 29

Fecha: 21 de Agosto de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

A que fora membro do goberno vasco (viceconselleira de Vivenda) até 2013, Paz Larrumbide Moreno, resultou gañadora do primeiro premio da sexta edición do Certame de Pintura ao Aire Libre Antonio Fernández, celebrado onte na parroquia tomiñesa de Goián.

De vacacións na zona, Paz presentouse ao concurso por probar sorte, xa que pinta so dende hai 4 anos, de forma non profesional. A súa obra, sen nome, é unha vista de Goián "realizada bajo un sol de justicia", na que mestura técnicas en acrílico e óleo. Non agardaba para nada ser a gañadora do certame, o que supuxo para ela unha grata sorpresa.

Os outros dous artistas premiados foron Raúl Gil Burés (de Taragoña. Rianxo) e Sergio González Ribeiro (Barro. Pontevedra), nesta orde.

Dende a mañá, as 37 persoas apuntadas ao concurso, comezaron a pintar as súas obras, escollendo os máis variados recunchos da vila. Algúns escolleron a ribeira do río; outros a contorna da antiga Fortaleza de San Lourenzo ou do Espazo Fortaleza, e os demais buscaron concentrarse en lugares menos concorridos onde poder concentrarse e resgardarse do sol, nunha das xornadas máis calorosas do verán.

Entre os participantes había xente da zona e tamén de outros puntos de Galicia e España, coincidindo nalgúns casos a asistencia co desfrute das vacacións no Baixo Miño.

Sobre as 19.30 horas, o xurado (composto por recoñecidos artistas da zona) fixo público o seu fallo, nun pequeno acto presidido pola alcaldesa Sandra González, que salientou a consolidación do certame nos seis anos que leva celebrándose e agradeceu a asistencia e esforzo dos artistas, nun día de calor coma o de onte. Ao mesmo tempo, subliñou a posibilidade de contemplar os 37 traballos nas exposición que terán lugar no Centro Goianés (do 21 ao 28 de agosto) e no Mercado Municipal, a partir do día 29. As obras poranse á venda na súa maioría, o que posibilita mercar unha obra de arte por prezos razoables.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones