Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Pendiente de Admisión un parque eólico correspondente aos montes de Gondomar e Tui na mesma entrada do Parque Natural Monte Aloia

Despois de once anos loitando pola ampliación á toda a serra de Galiñeiro do Parque Natural Monte Aloia, isto resulta un despropósito.

Despois de once anos loitando pola ampliación á toda a serra de Galiñeiro do Parque Natural Monte Aloia, isto resulta un despropósito.

Etiquetas del contenido

Fecha: 14 de Octubre de 2021

Fuente: Plataforma pola protección da serra do Galiñeiro

Estamos ante unha nova ofensiva para a serra de Galiñeiro. A semana pasada apareceu no Rexistro Eólico de Galicia un parque eólico correspondente aos montes de Gondomar e Tui na mesma entrada do Parque Natural Monte Aloia. Está na fase de Pendente de Admisión. Este polígono aparece co topónimo mal escrito. Consta de oito aeroxeradores, unha torre de medición e unha subestación da que non da datos da evacuación da mesma. Catro dos muiños están en Peitieiros na estrema con Morgadáns, e os outros en territorio de Tui próximo ao monte Paraguda.

Despois de once anos loitando pola ampliación á toda a serra de Galiñeiro do Parque Natural Monte Aloia, isto resulta un despropósito.

Día a día asistimos as artimañas da Administración movendo muiños de vento de un polígono a outro para confundir á poboación. Documentos exposto ao público durante soamente quince días. Empresas que se poñen en contacto cos afectados/as cando xa a tramitación está resolta. Todo isto estamos a vivilo na serra da Groba! Polígonos eólicos ciscados por calquera parte do territorio, sen previa ordenación. Lexislando a través das chamadas Leis de Acompañamento para impedir que a xente acceda á normativa. En definitiva, un atraco á cidadanía! E agora aparece este nas portas dun Parque Natural que ten necesidade de ampliación!

Non soamente Galicia, España enteira está afectada desta febre eólica, desta ansia de especulación. O vindeiro sábado16 de outubro, na manifestación de Madrid berraremos “Enerxía eólica, así non”. Preténdese presentar coa faciana de ecolóxica e sustentable unha explotación enerxética que no fondo non fai máis que servir ao engorde económico das empresas multinacionais. Toda esta enerxía, que en principio é “verde” non favorece aos cidadáns/cidadás do territorio que a sustenta e menos ao medioambiente onde están instaladas os polígonos. Estas son as deturpacións ás que o sistema capitalista somete calquera idea ou concepto!

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí