Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Pistoletazo de saída ao REACPON concellos que con 20 millóns de euros vai permitir transformar os municipios da provincia de menos de 50.000 habitantes

As bases do plan sairán publicadas este martes no Boletín Oficial da Provincia e dende o mércores os concellos poderán presentar xa os proxectos para optar ao financiamento

As bases do plan sairán publicadas este martes no Boletín Oficial da Provincia e dende o mércores os concellos poderán presentar xa os proxectos para optar ao financiamento

Etiquetas del contenido

Fecha: 01 de Junio de 2021

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra vén de dar “o pistoletazo de saída ao ReacPon concellos que con 20 millóns de € vai permitir transformar os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia”. Así o destacaron a presidenta provincial Carmela Silva e o vicepresidente César Mosquera trala reunión con “presenza masiva” de alcaldesas e alcaldes, concelleiras e concelleiros, para dar a coñecer as bases e liñas de actuación do máis ambicioso programa de investimento público da historia da institución a fin de enfrontar a reacción nun escenario post covid. Durante o encontro, a presidenta adiantou que “mañá mesmo sairán publicadas as bases do plan no Boletín Oficial da Provincia e dende o mércores comezará xa a contar o prazo de dous meses para que os concellos poidan presentar os seus proxectos e optar, así, ao financiamento”.

 

Carmela Silva destacou a “boa recepción” por parte das alcaldesas e alcaldes do ReacPon do que se deu conta durante a reunión, na que se afondou “nas características deste plan extraordinario” e se facilitou “información dos obxectivos que con el perseguimos, que están aliñados cos fondos Next Generation”, así como das bases e criterios para poder optar a financiamento dos proxectos.  Ao respecto a presidenta e o vicepresidente, que se puxeron a  disposición dos concellos para resolver todas as dúbidas que vaian xurdindo, recordaron que xa en xaneiro deste ano, no encontro con alcaldesas e alcaldes para dar a coñecer a estratexia provincial de Fondos Europeos, “falamos da importancia de ter proxectos maduros centrados na rehabilitación, nova construción e mobilidade amable”, as tres iniciativas obxecto de financiamento do ReacPon Concellos.

 

O vicepresidente César Mosquera destacou que a Deputación é das máis avanzadas á hora de orientar aos concellos a políticas “que van cos tempos actuais e miran ao futuro” e animoulles a presentar proxectos maduros para optar ao financiamento. Subliñou que as axudas concederanse seguindo criterios obxectivos e numéricos, “por fórmulas matemáticas”, e salientou a boa sensación sobre a aceptación do plan nas ‘distancias’ curtas cos alcaldes e alcaldesas trala reunión. Neste sentido, foi crítico co Partido Popular e subliñou que “non aflorou” ninguén que non estivese dacordo coa liña de axudas: “Nin o primeiro alcalde ou alcaldesa”, dixo, “transmitiu as desgracias e queixas das que falou o PP no Pleno”. Salientou, así mesmo, que todos os concellos foran avisados desde o inicio de mandato, en sucesivas reunións, de que era preciso que fixeran proxectos e os traballasen para optar a financiamento. Tamén destacou que a Deputación de Pontevedra é das que máis recursos destina directamente aos concellos e subliñou que tamén está entre as máis avanzadas á hora de orientar ás administracións locais en políticas “que van cos tempos actuais e miran cara ao futuro”. “Hai 40 anos podíanse facer obras de chapapote”, lembrou, para sinalar que hoxendía as obras e iniciativas deben estar ben feitas, aforrando recursos, e non sendo contaminantes, poñendo como referencia iniciativas como o Revitaliza e Ágora.

 

O programa ReacPon Concellos, aprobado no pasado pleno da Corporación Provincial, conta, coma todas as iniciativas que lanza a institución provincial, con bases transparentes, por concorrencia competitiva, con criterios obxectivos, equitativos e respectando a autonomía local.  En liñas xerais, a través de ReacPon Concellos preténdense garantir dereitos e servizos, loitar contra o despoboamento, impulsar a sustentabilidade, promover a dixitalización na prestación de servizos e a accesibilidade no acceso a equipamentos, espazos e infraestruturas locais no medio rural. Tamén avanzar na consecución dos Obxectivos 2030 e nas liñas mestras definidas para os fondos Next Generation. 

 

Con ReacPon Concellos cada municipio poderá financiar unha actuación ben sexa de rehabilitación, nova construción ou espazo público sempre que supoña un máximo do 90% do Plan Concellos que lle corresponde e un mínimo dun terzo do mesmo. No caso de rehabilitacións inclúense melloras en instalacións municipais para uso social, cultural, deportivo, turístico e de lecer, así como as dirixidas á infancia e mocidade, atención a vítimas de violencia de xénero ou elementos de interese patrimonial e de uso institucional e administrativo. No que respecta á nova construción, inclúense edificios sostibles e intelixentes e actuacións sostibles que impulsen a cohesión territorial, a dixitalización, accesibilidade e igualdade de oportunidades rural/urbano. Finalmente, no caso de actuacións en espazos públicos búscase darlles un uso plural, amable e fomentar recuperacións, melloras, urbanizacións, e reurbanizacións que cumpran os principios da rede Ágora.

 

Daráselle prioridade ás rehabilitacións e á mellora de espazos públicos con criterios de sustentabilidade e, no que respecta ao cofinanciamento, os concellos con menos poboación aportarán menos recursos que os de maior poboación.  Amais, valoraranse a madurez do proxecto, a contribución a unha economía descarbonizada, a calidade do proxecto e a contribución dos proxectos á consecución dos obxectivos fixados na Axenda 2030 o cumprimento das políticas panca do Plan de recuperación, transformación e resiliencia. 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí