Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

POSTA EN MARCHA DA RUTA ORNITOLÓXICA NA GUARDA

Un espazo de gran relevancia natural e ecolóxico recoñecido por biólogos e ornitólogos ó longo das décadas pasadas.

Fecha: 23 de Agosto de 2013

Fuente: www.aguarda.es

O Concello de A Guarda, tras anos en busca da Ruta Ornitolóxica, recibe da Xunta de Galicia a subvención que permitirá a mellora do Esteiro do Miño. Un espazo de gran relevancia natural e ecolóxico recoñecido por biólogos e ornitólogos ó longo das décadas pasadas.

O percorrido xa está marcado e indicado grazas a PR-G 160 Ruta da Desembocadura do MIño, que comeza preto do observatorio de aves da Xunqueira e remata na costa atlántica tras percorrer a ribeira do Miño. Por isto, soamente se precisan unha serie de actuacións para que este itinerario poida ofertarse como Ruta Ornitolóxica da Guarda.

Ademais de pertencer á Rede Natura 2000 (LIC), Este espazo está incluido dende 1965 na "Lista de zonas húmidas de Europa e Norte de África de Importancia Internacional". Así mesmo está recoñecido como Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA), e foi declarado como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN).

Dende fai dúas décadas, a Asociación Naturalista do Baixo Miño, ANABAM, leva traballando na defensa e coñecemento do Esteiro do Miño e do seu gran valor natural e ornitolóxico. Actualmente conta con dous observatorios de aves, a estación ornitolóxica e algún paneis informativos.

A proposta comprende un total de oito actuacións que se consideran de gran interese para a creación e a súa posta en marcha:
1. Axeitar a Estación ornitolóxica do Esteiro do Miño
2. Substituír os paneis por novos taboleiros e sinais indicativas
3. Reparación das varandas existentes na beira do Miño
4. Reparación do firme entre as praias do Codesal e A Armona
5. Limpeza e mellora dos accesos ós observatorios de aves
6. Acondicionar o Muíño de auga, o seu entorno e o camino de acceso
7. Continuar a pasarela de madeira para protexer as dunas entre as praias de O Muíño e A Lamiña
8. Identificación e difusión dos recursos

As obras van comenzar en breves datas e contan cunha inversión de 35.000 euros. O Concello estima de gran interese estas actuacións polo que supoñen de preservación dos espazo natural e de dar a coñecer toda a riqueza que acolle o Esteiro do Miño.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones